Podemos comezar polo anteface do noso superheroe favorito.
Ademáis engadiremoslle algún complemento máis para as bonecas e as zapatillas deportivas ou incluso o seu propio sistema de propulsión. Tan divertido como sinxelo, e o mellor é que pódeno facer eles/as mesm@s.
En Audición e Linguaxe decidimos aproveitar esta época do ano para, facendo un pequeno antiface de superheroe, aprender cal é o mellor xeito de afrontar unha tarefa deste tipo:
- Elaborar unha lista dos materiais requeridos.
- Facer unhas instruccións básicas cos distintos pasos que debemos dar.
- Aproveitar para aprender un vocabulario técnico relacionado coa nosa tarefa.
Fixemos os nosos antifaces con cartulinas de cores, que vos parece?
Preme na imaxe para ver o proceso
Ningún comentario:
Publicar un comentario