Amosando publicacións coa etiqueta 4º Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º Primaria. Amosar todas as publicacións

sábado, 12 de outubro de 2019

UN CANTEIRO VEU VISITARNOS

O venres 11 de outubro tivemos a sorte de que nos viñera visitar José Manuel Pérez Fontán, canteiro profesional e pai do noso alumno de cuarto Marcel. José Manuel pasou a mañá con nós e explicounos en que consistía o seu traballo e tamén como había que facer para levalo a cabo. Incluso puidemos probar nós mesmos. Aquí tedes un video desta divertida xornada.


Para rematar esta xornada o alumnado de 4º fíxolle unha entrevista do máis interesante que podedes escoitar a continuación. Gracias por todo José Manuel.

luns, 7 de outubro de 2019

NOVOS PROGRAMAS DOS DE 4º

Bueno, bueno, semella que os de 4º de primaria siguen moi de preto ao alumnado máis maior do cole e xa presentaron os seus primeiros programas na Caracola Radio e a verdade é que para ser a primeira vez que se gravaban eles e elas sen axuda, fixeron moi pero que moi ben. Escoitade, escoitade, a temática é do máis variada.


luns, 21 de maio de 2018

LEMOS -TAMÉN- COAS ORELLAS!

O Mago de Oz, A frauta máxica de Mozart, Nanas de música clásica, Música Tradicional Africana, Sr. Soul, Sr.Blues & Sra. Jazz, agora están con vos nas casas, xa que as mochilas viaxeiras incorporaron libros destes contidos acompañados duns cascos coa música gravada para que poidas ler -tamén- coas orellas!
A gozar!!

mércores, 9 de maio de 2018

LUAN & GUSTAVO: ARTISTAS NA BIBLIOTECA


Ás veces pasan cousas máxicas nas catro paredes da nosa caixa de Imaxinópole.
Hoxe foi un deses días bonitos e inesquencibles, Luan (4ºEP) quixo actuar para todos  tocando a batería e acompañouno seu pai Gustavo Almeida na guitarra e na voz, e foi moi lindo e Gustavo contounos que hai anos na súa escola do Brasil súa nai acompañouno en circunstancias parecidas, e que estaba moi ledo por poder facer o mesmo con Luan.
Gozamos moito da vosa actuación e cariño!

xoves, 22 de marzo de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa tiñamos ganas de levar Imaxinópole (a nosa biblio) ás casas do noso alumnado. Onte viaxaron as mochilas de E. Primaria que conseguimos preparar nestas últimas semanas coa axuda de Laura Goldar a quen estamos moi agradecidos.

Hai uns días mandamos esta carta ás familias:

Queridas familias,


Inauguramos este curso unha nova actividade da biblioteca escolar, as  MOCHILAS VIAXEIRAS coa intención de ampliar a biblioteca a toda a comunidade educativa, é dicir, ABRIMOS PORTAS  ao gozo pola lectura en familia.
 
As MOCHILAS VIAXEIRAS estarán unha semana enteira nas vosas casas e  rotarán por todo o alumnado de cada curso. De aí a importancia de coidar os libros para que toda a comunidade poida gozar deles en perfectas condicións.


A composición das  mochilas é variada con  exemplares de poesía, álbum ilustrado, banda deseñada, informativos... Queremos mostrarvos o escaparate dunha biblioteca diversa, atractiva e formativa. Tamén rendemos unha  homenaxe a nosa veciña ilustre FINA CASALDERREY incluíndo un libro seu en cada mochila.


Por último pedimos a vosa colaboración para que escribades un pequeno texto sobre ese primeiro libro que vos deixou unha  pegada fonda e unha lembranza inesquecible. Cada páxina estará destinada a unha familia e a participación deberá correr a cargo de calquera adult@ da mesma.


Esperamos que gocedes connosco desta nova andaina.




A biblioteca

mércores, 14 de xuño de 2017

CIAOO KELSIE!





Conversamos con Kelsie Kerwin, a nosa auxiliar de lingua inglesa, que veu de USA para pasar este ano connosco.
Volve cando queiras Kelsie, esta sempre será a túa casa!

xoves, 12 de xaneiro de 2017

Encontro con Javier Gómez Noya



O día 26 de outubro no Pazo da Cultura de. Pontevedra, encontrámonos con este triatleta, xunto con outros colexios, para aprender un pouco sobre a súa vida.                 

Contounos que mentres se estaba preparando para ir a Río tivo unha caida mentres montaba na bici que lle ocasionou non poder ir. www.republica.com

 Tamén contóunos que foi 5 veces campión mundial, 4 veces campión de Europa e que gañou o “Premio Princesa de Asturias de Deportes”

Javi Gómez Noya, gran campeón e persoa.

Aprendemos que o esforzo continuo sempre acada metas e  que dos fracasos tamén se aprende moito, foi un día distinto e interesante. Estaba acompañadp do alcalde da  cidade: Miguel A. Fdez Lores que se amosou fachendoso da escolla de JGN de Pontevedra para adestrar e vivir.


Sonia Abelleira  e Olimpia Suárez 6º

domingo, 11 de decembro de 2016

NamorAndo 2016

Durante sete  xoves de octubro e novembro participamos nunha actividade que se chama:     NamorAndo
Traballamos   en grupos  sobre as emocións: tristeza, raiba, medo...
Gustounos moito e todas as semanas esperabamos con ganas que chegara o xoves para estar con Jone, a psicóloga e Quiquirico, que  é  o pequeno dinosaurio que aparecía de cando en vez para que calaramos.
Ao final, votamos para elixir a unha nena e a un neno para que foran a pintar  un mural. Todos podedes ir a velo, está no muro do patio cuberto do colexio Vidal Portela.
Os organizadores fixeron  un video dese día e das emocións.  
                                                         Tamén podedes velo!!!  
Somos os e as de 4* de E. primaria

mércores, 26 de outubro de 2016

Encontro con Javier Gómez Noya

Onte tivemos a fortuna de compartir parte da mañá con Javi Gómez Noya, gran campeón e persoa.

Aprendemos que o esforzo continuo sempre acada metas e  que dos fracasos tamén se aprende moito, foi un día distinto e interesante. Estaba acompañadp do alcalde da  cidade: Miguel A. Fdez Lores que se amosou fachendoso da escolla de JGN de Pontevedra para adestrar e vivir.

A noticia na prensa.

martes, 27 de setembro de 2016

Aprendemos da Dieta Mediterránea

Hoxe fixemos de cociñeiros e elaboramos unhas brochetas, o gañador foi o titor de 5º cunha presentación, diseño e bo gusto que provocaron  que  todos se chuparan os dedos.

Foi unha interesenate presentación da Dieta Mediterránea por un equipo do Ministerio de Agricultura e da Fundación da Dieta Mediterránea de tres profes capitaneada por Crsitina.

Moitas grazas polo convite!

As fotos

domingo, 10 de maio de 2015

nAmorAndo: PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA MECHISTA EN EP

Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.



A Concellaría de Igualdade, que dirixe Carmen Fouces, puxo en marcha co inicio do curso escolar o programa Namorando entre os centros de educación Primaria e Secundaria do concello. Este programa ten por propósito ofrecer recursos aos alumnos para manter relacións de parella sas dende a etapa escolar. Están inscritos 420 rapaces de dez centros distintos do municipio.

En Educación Primaria participan os CEIP A Xunqueira I, Vidal Portela, Príncipe Felipe, A Xunqueira II, Álvarez Limeses, Cabanas e San Bieito de Lérez. Están en lista de agarda: Barcelos, Vilaverde, Marcón e A Carballeira.

En Primaria trabállase co proxecto "Erea e Martiño: Unha historia diferente". Está dirixido a rapaces de 4º de Primaria cos que se crearon dez grupos (uns 200 rapaces) cos que se mantivo unha sesión semanal durante as que se traballou a concepción de homes e mulleres, as expresións de emocións, de xogos non sexistas así como cuestións básicas sobre o amor. Previamente realizaron un cuestionario, que se lle volveu a pasar logo das sete sesións, e que amosa uns resultados moi satisfactorios.