Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de xuño de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR: OS POEMAS DO RÍO


Este ano puxemos en marcha o proxecto de apadriñamento lector entre alumnado de 5º de EP e 2º de EP. Para isto escollemos unha obra de teatro, Os poemas do Río, con texto de Cristina Corral Soilán e ilustracións de Aurora Cascudo Román. 

Organizámonos  por parellas e os maiores axudaron a ler aos pequenos dando os seus primeiros pasos na lectura, como podedes ver…








Unha vez organizada a lectura o alumnado de 2º EP seguiu a ler na clase, porque eles/as ían traballar esta teatralización na Caracola Radio, ata se converter en auténtic@s actores e actrices de Radio, aquí os tedes nos días de grabación.





Tras tanta axuda entre compañeir@s e coas prácticas da clase e da casa, o resultado de teatro radiofónico foi fantástico, xulgade por vos mesm@s..

TEATRO RADIOFÓNICO : "OS POEMAS DO RÍO"

(Alumnado 2º EP)




Pero a cousa non quedou aquí, a profe Cris tiña gardados uns disfraces de atrezzo da obra de teatro, así que empezamos a ler con eles postos, tanto nos animou isto que pensamos que un bo xeito de agradecer a axuda prestada polos maiores era convidalos a unha lectura pública da obra de teatro, así que fixemos unas invitacións personalizadas para eles/as....



E obviamente co permiso do profe Luis aló marchamos a levarllas á clase, para saber se poderiamos contar coa súa presenza no espectáculo…

 



 Como xa nos contestaron no momento axiña soubemos quen sería o noso público no día da estrea...






Unha vez confirmada a súa asistencia montamos o escenario na biblioteca e así foi a cousa…

LECTURA TEATRALIZADA: "Os poemas do Río"
(Alumando 2º EP)



POEMAS CON SEGREDO

Este días tamén andivemos adicados á poesía... nós xa eramos de ler e recitar coa profe na clase. Gústanos por exemplo Poemas con Piruleta de Carlos Fontes e Leandro Lamas...


Tamén lemos algúns poemas que aparecen nos libros de texto das linguas...



Pero estes días, a profe Cris trouxo a súa caixa da poesía con moitos tipos de libros con poemas, algún con rimas asonantes, outros consoantes, outro sen rima e uns que teñen "segredo"...



Así que de tanto ler e de tanto falar pensamos que igual nos podiamos animarnos a facer algún deses poemiñas con segredo... As profes encargáronos que o poema tivera escondida a palabra PONTEVEDRA... e alá nos lanzamos a compoñer...


¿Queredes escoitarnos recitando? Pois aquí tedes a Héctor, Nerea, Silvia e Sabela...








mércores, 2 de marzo de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Como cada ano o 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. 

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria leu poemas da escritora na aula e interpretamos a ilustración que do poema Adiós ríos, adiós fontes fixo para este día a ilustradora galega Aurora Cascudo Román.

A propia ilustradora prestounos  a ilustración sen darlle cor para que o noso alumnado fixera a súa propia versión. Ao mesmo tempo que pintabamos tamén escoitabamos a versión musical do poema...



Foi unha mañá bonita, chea de poemas e de música, a mellor homenaxe que lle podemos render á nosa poeta máis ilustre.

Aquí deixamos unha pequena montaxe onde podedes ver cant@s artistas temos neste colexio.



Esta actividade xa  forma parte da campaña da Asociciación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega #mobilizarosalía con motivo da Celebración do 24 de xaneiro, Día de Rosalía.

Aquí tedes o enlace onde podedes ver outros proyectos xunto co noso, que está no posto número 60.