Este ano puxemos en marcha o proxecto de apadriñamento
lector entre alumnado de 5º de EP e 2º
de EP. Para isto escollemos unha obra de teatro, Os poemas do Río, con texto de
Cristina Corral Soilán e ilustracións de Aurora Cascudo Román.
Organizámonos por
parellas e os maiores axudaron a ler aos pequenos dando os seus primeiros pasos
na lectura, como podedes ver…
Unha vez organizada a lectura o alumnado de 2º EP seguiu a
ler na clase, porque eles/as ían traballar esta teatralización na Caracola
Radio, ata se converter en auténtic@s actores e actrices de Radio, aquí os
tedes nos días de grabación.
Tras tanta axuda entre compañeir@s e coas prácticas da clase
e da casa, o resultado de teatro radiofónico foi fantástico, xulgade por vos
mesm@s..
TEATRO RADIOFÓNICO : "OS POEMAS DO RÍO"
(Alumnado 2º EP)
Pero a cousa non quedou aquí, a profe Cris tiña gardados uns disfraces de atrezzo da obra de teatro, así que empezamos a ler con eles postos, tanto nos animou isto que pensamos que un bo xeito de agradecer a axuda prestada polos maiores era convidalos a unha lectura pública da obra de teatro, así que fixemos unas invitacións personalizadas para eles/as....
E obviamente co permiso do profe Luis aló marchamos a
levarllas á clase, para saber se poderiamos contar coa súa presenza no
espectáculo…
Como xa nos contestaron no momento axiña soubemos quen sería o noso público no día da estrea...
Como xa nos contestaron no momento axiña soubemos quen sería o noso público no día da estrea...
Unha vez confirmada a súa asistencia montamos o escenario na
biblioteca e así foi a cousa…
LECTURA TEATRALIZADA: "Os poemas do Río"
(Alumando 2º EP)
LECTURA TEATRALIZADA: "Os poemas do Río"
(Alumando 2º EP)
Ningún comentario:
Publicar un comentario