Hai xa unhas semanas que estamos desfrutando do noso novo "timbre" escolar. Cando empezamos a mañá, cando cambiamos de clase, cando saimos ao patio ou cando marchamos para a casa xa non soa o estrondoso timbre de sempre, agora temos o pracer de escoitar deliciosas melodías de distintas Bandas Sonoras de cine. Non so as escoitamos senón que temos a posibilidade de aprender nas aulas cousas sobre estas músicas coas que compartimos os nosos minutos ao longo da mañá. A semana pasada foi "What a wonderful world" de Louis Armstrong...
E esta semana a elexida foi a BSO de A vida é bela... que soaba por todos os arredores :)
Además escoitamos a Enya, a BSO do Rey León, etc.
O cambio gústanos e moito porque... que sería da vida sen música!
Durante este curso preparamos un espazo do patio para poder traballar a horta. Así ao longo do ano fomos vendo como medraban as plantas que iamos plantando e estudando as diferentes fases polas que pasan.
Cando imos á horta @s profes explícannos as distintas variedades, como van medrando, cales son as súas características, etc. e así aprendemos en vivo e en directo, que é o mellor xeito de aprender.
Algunhas medraron máis que outras, aquí tedes algunhas das que plantamos.
Entre todas as clases fixemos ao longo dos meses gardas de rego para que nunca lles faltara auga durante as épocas do ano nas que non chovera...
E ademais arrincamos todas as malas herbas que medraban preto delas impedindo que medraran...
Ultimamente como xa veñen aparecendo os froitos recollemos algúns, como no caso das leitugas, e sorteámolos entre tod@s @s hortifruticultores/as que pasaron pola horta... Neste caso o afortunado en 2º de EP foi Samuel Riveiro, a quen lle tocou unha destas saborosas leitugas según o número que sacou Laura (que era a encargada ese día).
Como vedes na horta hai moitas cousas ricas e sanas para comer e cociñar.
Esta é a receita da ensalada que fixeron na casa de Samuel...
Aquí vos deixamos unha receita para preparar un saboroso plato de cociña coas nosas leitugas recén collidas da horta que nos preparou o profe Javi, que estivo con nós hai uns cursos.
O Mago de Oz, A frauta máxica de Mozart, Nanas de música clásica,
Música Tradicional Africana, Sr. Soul, Sr.Blues & Sra. Jazz, agora
están con vos nas casas, xa que as mochilas viaxeiras incorporaron
libros destes contidos acompañados duns cascos coa música gravada para
que poidas ler -tamén- coas orellas!
A gozar!!
Estes días andivemos a traballar con Andrea Cabaleiro, da Universidade de Vigo. Está a realizar un traballo sobre Soporte Vital Básico en educación infantil e primaria, aplicando materiais didácticos da expresión plástica adaptados. Ela ensinounos que facer en caso de que a alguén lle pase algo cando está canda nós. Traballamos por parellas para testear como estaba o noso compañeiro ou compañeira e saber se respira, e a quen chamar en caso de que as cousas non vaian ben, concretamente ao teléfono 112, número que memorizamos grazas a un xogo que Andrea nos ensinou.
Aquí deixamos unha foto do alumnado de 2º EP facendo as prácticas na biblioteca.