Rafisalis é un produto dun traballo demorado para iniciar ao alumnado de 2º de EP na creación de banda deseñada.
Principiamos cun vídeo motivador
e logo fomos traballando no deseño da protagonista, unha superheroina capaz de resolver os problemas cotiáns do cole sen axuda do profesorado. Deseñamos e configuramos, fixemos un pequeno storyboard e finalmente realizamos.
Ao día de hoxe, a nosa Rafisalis está non Salón do Libro de Pontevedra coñecendo a moitos visitantes que por alí se pasan cada día, axudando a quen precisa!
Amosando publicacións coa etiqueta Valores b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Valores b>. Amosar todas as publicacións
venres, 20 de abril de 2018
mércores, 17 de febreiro de 2016
SAÍMOS NA REVISTA EDUGA
A revista Eduga publica no seu último número un artigo sobre o traballo feito coas TIC no noso cole o pasado curso 2014-2015: "Sobre o uso das TIC nas aulas".
Aquí vos deixamos o enlace, que aparece na súa sección Proxeccións, para que disfrutedes do mesmo xeito que nós o fixemos traballando xunt@s :)
domingo, 10 de maio de 2015
nAmorAndo: PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA MECHISTA EN EP
Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.
A Concellaría de Igualdade, que dirixe
Carmen Fouces, puxo en marcha co inicio do curso escolar o programa
Namorando entre os centros de educación Primaria e Secundaria do
concello. Este programa ten por propósito ofrecer recursos aos alumnos
para manter relacións de parella sas dende a etapa escolar. Están
inscritos 420 rapaces de dez centros distintos do municipio.
En Educación Primaria participan os CEIP A Xunqueira I, Vidal Portela, Príncipe Felipe, A Xunqueira II, Álvarez Limeses, Cabanas e San Bieito de Lérez. Están en lista de agarda: Barcelos, Vilaverde, Marcón e A Carballeira.
En Primaria trabállase co proxecto "Erea e Martiño: Unha historia diferente". Está dirixido a rapaces de 4º de Primaria cos que se crearon dez grupos (uns 200 rapaces) cos que se mantivo unha sesión semanal durante as que se traballou a concepción de homes e mulleres, as expresións de emocións, de xogos non sexistas así como cuestións básicas sobre o amor. Previamente realizaron un cuestionario, que se lle volveu a pasar logo das sete sesións, e que amosa uns resultados moi satisfactorios.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

