O curso rematou e despedimos a unha nova xeración de alumn@s que marchan cara o seu futuro no instituto. Agardamos que sexan moi felices.
venres, 26 de xuño de 2015
mércores, 3 de xuño de 2015
LÉREZ NON É TRAPACERO
O 8 de abril o Consello Estatal do Pobo Xitano decicidiu levar a cabo un acto de sensibilización co título de #yonosoytrapacero #yonosoytrapacera, un vídeo onde se reclama a eliminación do dicionario da RAE, a definición de xitano/a como trapacero/a: "que estafa ou obra con engano".
Dende o CEIP San Benito de Lérez decidimos sumarnos a esa iniciativa co seguinte vídeo.
luns, 1 de xuño de 2015
CARACOLA RADIO A NOSA EMISORA ESCOLAR
Xa viñamos avisando aí atrás que algo especial se estaba a cocer na nosa escola, pois ben, é o momento de facelo público: neste maio do curso 2014-2015 naceu no CEIP San Benito de Lérez: CARACOLA RADIO, a nosa emisora escolar.
Xa ten o seu propio blog para que podades estar ao tanto de todo o que alí acontece, podedes acceder pola dirección https://caracolaradio.wordpress.com ou ben premendo na imaxe que aparece na dereita deste blog.
Logo das emisións de proba, a inauguración da Caracola Radio por parte do profesorado e algún que outro programa inicial por parte do alumnado do centro, chegou a primeira visita dun persoeiro alleo á escola. Días antes das eleccións municipais visitou a nosa Caracola Radio o Concelleiro de Xuventude e Normalización Lingüística Demetrio Gómez Xunqueira.
Queredes escoitar a entrevista que lle fixeron @s alumn@s de 5º de Educación Primaria? Premede na seguinte imaxe.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)