Amosando publicacións coa etiqueta universidade de vigo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta universidade de vigo. Amosar todas as publicacións

martes, 15 de maio de 2018

APRENDEMOS SOPORTE VITAL BÁSICO

Estes días andivemos a traballar con Andrea Cabaleiro, da Universidade de Vigo. Está a realizar un traballo sobre Soporte Vital Básico en educación infantil e primaria, aplicando materiais didácticos da expresión plástica adaptados. Ela ensinounos que facer en caso de que a alguén lle pase algo cando está canda nós. Traballamos por parellas para testear como estaba o noso compañeiro ou compañeira e saber se respira, e a quen chamar en caso de que as cousas non vaian ben, concretamente ao teléfono 112, número que memorizamos grazas a un xogo que Andrea nos ensinou.
Aquí deixamos unha foto do alumnado de 2º EP facendo as prácticas na biblioteca.





   



Gracias Andrea por nos ensinar algo tan valioso.

domingo, 5 de marzo de 2017

APRENDEMOS MEDIACIÓN

No curso de 6º EP andamos a aprender (gracias a un proxecto da Universidade de Vigo) como a mediación é o mellor xeito de resolver os conflictos que nos poden xurdir na aula, no cole, na casa ou en calquer ámbito no que nos relacionemos con outras persoas.
Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada que levamos a cabo con Katia Rolán esta semana mesmo.