A compañía FMEC Producións estivo no CEIP San Benito de Lérez con dous representantes de luxo, Suso Pando e Manuel Pombal.
Ambos son actores de dobraxe e ensináronnos neste "Obradoiro de dobraxe" como se lles pon voz en lingua galega a un dos nosos personaxes favoritos Bob Esponja.
Ademais diso déronnos a oportunidade de nos converter en actores e actrices de dobraxe por un día e grabar a nosa propia escea poñéndolle voces de alumn@s da nosa aula.
Foi unha mañá moi divertida... gracias Suso e Manuel por nos vir visitar :)
Aquí vos deixamos unhas pinceladas do que fixemos e tamén do resultado final.
O alumnado
de 1º de primaria está na cola para saír da aula e voltar á casa. María é miúda
pero chegou a primeira, feliz e fachendosa polo éxito, agarda a que toque o
timbre e ser por fin hoxe a que encabece á fila.
Hoxe sairá
a primeira. Acadou o seu posto soiña. É seu.
Pasan os
segundo e á cola chegan máis nenos e nenas. Dous deles póñense detrás de María,
empezan a xogar, pero a cousa tórcese e as brincadeiras pasan a empurróns, e María,
que ata entón se mantivera firme e leda, empeza a se asustar... “ao final daránme
a min”, pensa, “e quererán quitarme o posto”, “e xa non poderei ser a primeira”...
A pelexa
segue e chegan os forcexeos, e máis tarde os golpes... os nenos son altos,
fortes e brutos... e María, aínda que foi a primeira, segue a ser miúda... Os
golpes aparecen finalmente tamén para ela, na trifulca alguén a desplaza, alguén a
manca... e veñen as bágoas... así que agarra a súa mochiliña de rodas, e
saloucando chea de mocos, deixa o primeiro posto da cola moi disgustada, polos
golpes do corpo, si, pero tamén polos da alma.
María xa non
é a primeira, aínda que o posto sempre foi seu, porque o conseguiu por méritos
propios.
A escola é
sen dúbida un trasunto da sociedade que está “aí fora”... por iso cómpre
empezar por ela... por todas as Marías que chegaron e chegarán primeiro á cola...
Os venres son días moi especiais, despedimos a axetreada semana no mellor sitio do mundo, na biblioteca. Sempre que podemos lemos un conto, en alto, deseses que nos deixan pamp@s e coa boca aberta.
Aquí está a profe Pili nunhas desas sesións.
E se se isto non fora o suficientemente fantástico ademais levamos un novo cada semana para ler na casa...
Esta semana tivemos a sorte de asistir a unha función de ópera no Pazo da Cultura de Pontevedra. Fumos ver a representación de Guillermo Tell de Giacomo Rossini, representado pola Compañía La Baldufa.
Encantounos a escenografía tremendamente versatil e o xeito en que os actores e as actrices conectaron con tod@s @s que alí estabamos.
Unha experiencia moi grata que traballamos previamente na clase de música coa profe Fátima, o que nos axudou a comprender todo canto pasaba sobre o escenario.
Aquí deixamos unhas fotos dunha mañá tan divertida e sobre todo ben diferente.
Como cada ano o 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria leu poemas da escritora na aula e interpretamos a ilustración que do poema Adiós ríos, adiós fontes fixo para este día a ilustradora galega Aurora Cascudo Román.
A propia ilustradora prestounos a ilustración sen darlle cor para que o noso alumnado fixera a súa propia versión. Ao mesmo tempo que pintabamos tamén escoitabamos a versión musical do poema...
Foi unha mañá bonita, chea de poemas e de música, a mellor homenaxe que lle podemos render á nosa poeta máis ilustre.
Aquí deixamos unha pequena montaxe onde podedes ver cant@s artistas temos neste colexio.
Esta actividade xa forma parte da campaña da Asociciación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega #mobilizarosalía con motivo da Celebración do 24 de xaneiro, Día de Rosalía.
Aquí tedes o enlace onde podedes ver outros proyectos xunto co noso, que está no posto número 60.
Estes/as nen@s de infantil están a se voltar "tol@s". Hoxe pola mañá como non deberon de traer as merendas (máis ben non lles debían apetecer...) deulles por se poñer a facer madalenas!
Pasárono pipa, aprenderon a empregar a báscula, as cantidades (ducia, gramos...), mancháronse o que puideron, pero quedoulles todo xenial.