Amosando publicacións coa etiqueta timbre. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta timbre. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de maio de 2018

ADEUS TIMBRE, OLA MÚSICA!

Hai xa unhas semanas que estamos desfrutando do noso novo "timbre" escolar. Cando empezamos a mañá, cando cambiamos de clase, cando saimos ao patio ou cando marchamos para a casa xa non soa o estrondoso timbre de sempre, agora temos o pracer de escoitar deliciosas melodías de distintas Bandas Sonoras de cine. Non so as escoitamos senón que temos a posibilidade de aprender nas aulas cousas sobre estas músicas coas que compartimos os nosos minutos ao longo da mañá. A semana pasada foi "What a wonderful world" de Louis Armstrong...



E esta semana a elexida foi a BSO de A vida é bela... que soaba por todos os arredores :)


Además escoitamos a Enya, a BSO do Rey León, etc.



O cambio gústanos e moito porque... que sería da vida sen música!