Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de marzo de 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Xa hai tempo que o noso cole está colaborando co proxecto de Etwinning do blog "Palabras azules" que como elas mesmas explican pretende : "leer y crear textos, con juegos y magia, para realizar propuestas de colaboración MENSUALES QUE CELEBREN la figura de un ESCRITOR/A reconocido".

Hai pouco ensinávos por exemplo, cousas que fixemos tamñen coa figuar de Miguel Hernández.
Este mes o proxecto estaba adicado á figura de Rosalía de Castro, así que aproveitando a celebración do 24 de febreiro en toda Galicia, nós traballamos coa súa figura, aquí vos deixamos unha mostra resumo de todo canto fixemos en 5º de primaria, onde comentamos de xeito crítico e oralmente varios poemas da autora.

UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO



A XUSTIZA POLA MAN




XAN

mércores, 2 de marzo de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Como cada ano o 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. 

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria leu poemas da escritora na aula e interpretamos a ilustración que do poema Adiós ríos, adiós fontes fixo para este día a ilustradora galega Aurora Cascudo Román.

A propia ilustradora prestounos  a ilustración sen darlle cor para que o noso alumnado fixera a súa propia versión. Ao mesmo tempo que pintabamos tamén escoitabamos a versión musical do poema...



Foi unha mañá bonita, chea de poemas e de música, a mellor homenaxe que lle podemos render á nosa poeta máis ilustre.

Aquí deixamos unha pequena montaxe onde podedes ver cant@s artistas temos neste colexio.



Esta actividade xa  forma parte da campaña da Asociciación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega #mobilizarosalía con motivo da Celebración do 24 de xaneiro, Día de Rosalía.

Aquí tedes o enlace onde podedes ver outros proyectos xunto co noso, que está no posto número 60.