A gozar!!
Amosando publicacións coa etiqueta animación á lectura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación á lectura b>. Amosar todas as publicacións
luns, 21 de maio de 2018
LEMOS -TAMÉN- COAS ORELLAS!
O Mago de Oz, A frauta máxica de Mozart, Nanas de música clásica,
Música Tradicional Africana, Sr. Soul, Sr.Blues & Sra. Jazz, agora
están con vos nas casas, xa que as mochilas viaxeiras incorporaron
libros destes contidos acompañados duns cascos coa música gravada para
que poidas ler -tamén- coas orellas!
A gozar!!
A gozar!!
Etiquetas:
17/18,
1º Primaria,
2º Primaria,
3º Primaria,
4º Primaria,
5º Primaria,
6º Primaria,
animación á lectura,
biblioteca,
música,
ópera,
TIC
xoves, 22 de marzo de 2018
MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa tiñamos ganas de levar Imaxinópole (a nosa biblio) ás casas do noso alumnado. Onte viaxaron as mochilas de E. Primaria que conseguimos preparar nestas últimas semanas coa axuda de Laura Goldar a quen estamos moi agradecidos.
Hai uns días mandamos esta carta ás familias:

Hai uns días mandamos esta carta ás familias:
Inauguramos este curso unha nova actividade da biblioteca escolar, as MOCHILAS VIAXEIRAS coa intención de ampliar a biblioteca a toda a comunidade educativa, é dicir, ABRIMOS PORTAS ao gozo pola lectura en familia.
As MOCHILAS VIAXEIRAS estarán unha semana enteira nas vosas casas e rotarán por todo o alumnado de cada curso. De aí a importancia de coidar os libros para que toda a comunidade poida gozar deles en perfectas condicións.

A composición das mochilas é variada con exemplares de poesía, álbum ilustrado, banda deseñada, informativos... Queremos mostrarvos o escaparate dunha biblioteca diversa, atractiva e formativa. Tamén rendemos unha homenaxe a nosa veciña ilustre FINA CASALDERREY incluíndo un libro seu en cada mochila.
Por último pedimos a vosa colaboración para que escribades un pequeno texto sobre ese primeiro libro que vos deixou unha pegada fonda e unha lembranza inesquecible. Cada páxina estará destinada a unha familia e a participación deberá correr a cargo de calquera adult@ da mesma.
Esperamos que gocedes connosco desta nova andaina.
A biblioteca
sábado, 17 de xuño de 2017
ENCUENTRO CON GONZALO MOURE (ESCRIBIMOS COMO LECTORES)
Su madre escribía cuentos y su abuelo era poeta.
Escribió muchos libros que llegaron a ser muy conocidos: "Lili libertad", "Geranium", "Soy un caballo", "Esta, la vida", "Nacho Chichones"...
También vio los trabajos que hicimos los niños de quinto y de primero.
Bruno Corbacho & Claudia Méndez 5º EP
luns, 20 de marzo de 2017
XORNADAS DE NARRATIVA CON LAURA BENÍTEZ
A semana pasada recibimos a visita de Laura Benítez dentro do programa "Escribir como lectores" da AELE (Asociación Española de Lectura e Escritura) no que estamos inscritos e co que estamos a traballar co libro "El oso que leía niños" de Gonzalo Moure. Foi unha xornada intensa, pola maña Laura traballou co alumnado de 1º EP e 5º EP.
O alumnado do primeiro curso explicoulle todo o que levan traballado dende que Pardín, o noso oso pardo, chegou á súa clase. Contáronlle como á raiz da súa visita comenzaron tamén a chegar outros osos á clase, que lle trouxeron o libro que están á ler e co que están a traballar.
No caso de 5º EP traballaron sobre os sentimentos de Ñum Ñum, o oso protagonista do conto, o que @s levou a reflexionar sobre como se sinten moitas veces e de que xeito se poden manifestar as distintas cousas que sentimos. A raiz diso en grupo e coa axuda de Laura Benítez, Laura Goldar, bibliotecaria do CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda de Chapela (que tamén veu) e o profe Luis, elaboraron uns fermosos poemas que foron lendo en público.
Un dos compañeiros da aula, Jonathan, cerrou a sesión coa interpretación du fermoso tema escrito para Ñum Ñum, o oso que seica leía nen@s :)
Pola tarde Laura voltou para dirixir unha xornada na que participaron compañeir@s de outros colexios, e na que puxemos en común todos os proxectos que estamos a facer a partir da lectura de este libro. Ademais foron xurdindo novas ideas e novos proxectos para traballar na aula.
Xa ao final da xornada falamos de todo canto imos aprendendo a redor deste proxecto sobre a escritura.
E agora quedamos a espera de que a próxima visita que nos faga Laura, sexa para nos traer ao autor do libro, Gonzalo Moure que verá todo canto levamos traballado e nos falará da súa expriencia con Ñum Ñum.

Silvia lé a mensaxe que lle deixou súa osiña Rosa a Pardín
Eles/as tamén traballaron en equipo sobre o tema, así que durante a vista de Laura, concretamente elaboraron uns menús de cociña moi xeitosos con ela e a profe Pili.
O menú de Samuel C. e Jonathan
O menú de Samuel L. e Laura
O menú de Nerea e María
No caso de 5º EP traballaron sobre os sentimentos de Ñum Ñum, o oso protagonista do conto, o que @s levou a reflexionar sobre como se sinten moitas veces e de que xeito se poden manifestar as distintas cousas que sentimos. A raiz diso en grupo e coa axuda de Laura Benítez, Laura Goldar, bibliotecaria do CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda de Chapela (que tamén veu) e o profe Luis, elaboraron uns fermosos poemas que foron lendo en público.
Un dos compañeiros da aula, Jonathan, cerrou a sesión coa interpretación du fermoso tema escrito para Ñum Ñum, o oso que seica leía nen@s :)
Pola tarde Laura voltou para dirixir unha xornada na que participaron compañeir@s de outros colexios, e na que puxemos en común todos os proxectos que estamos a facer a partir da lectura de este libro. Ademais foron xurdindo novas ideas e novos proxectos para traballar na aula.
Xa ao final da xornada falamos de todo canto imos aprendendo a redor deste proxecto sobre a escritura.
E agora quedamos a espera de que a próxima visita que nos faga Laura, sexa para nos traer ao autor do libro, Gonzalo Moure que verá todo canto levamos traballado e nos falará da súa expriencia con Ñum Ñum.
Etiquetas:
1º Primaria,
6º Primaria,
animación á lectura,
formación,
Profesorado,
proxectos
LEVAMOS LIBROS PARA A CASA
A lectura é importante en todos os seus aspectos. É moi importante aprender a ler, facelo con soltura, interpretar o que lemos, etc. mais tamén son importantes todos os procesos e os rituais que se xeneran ao seu redor. Un exemplo disto é o feito de coller libros nas bibliotecas escolares e levalos para a casa, e así ler en familia. Neste caso deixamos unhas fotos desta semana, onde decidimos inmortalizar o proceso de "fichaxe" de libros para levar para a casa na aulas de 1º EP.
Primeiro imos vendo cales son os libros que temos na biblioteca da aula, despois, en alto, imos preguntando quen d@s nos@s compañeir@s o leu, e así vainos contando se lle gustou ou non, e finalmente saberemos si o recomenda para a súa lectura ou non.
Despois de decidir que libro levamos, anotámolo na nosa axenda de préstamos, para saber que cando o devolvamos temos que anotar tamén de novo a data de chegada, e así a semana seguinte outr@ compañeir@ da clase poderá levalo outra vez.
A lectura, é como unha planta, haina que cultivar e canto máis a reguemos, maís medrará :)

luns, 7 de marzo de 2016
O VENRES É DÍA DE CONTOS
Os venres son días moi especiais, despedimos a axetreada semana no mellor sitio do mundo, na biblioteca. Sempre que podemos lemos un conto, en alto, deseses que nos deixan pamp@s e coa boca aberta.
E se se isto non fora o suficientemente fantástico ademais levamos un novo cada semana para ler na casa...
Aquí está a profe Pili nunhas desas sesións.
E se se isto non fora o suficientemente fantástico ademais levamos un novo cada semana para ler na casa...
Así da gusto empezar a fin de semana! :)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)