Vimos de compartir cos colegas lucenses dous días que foron moi froitíferos e divertidos e tamén cos nosos colegas do Santo André de Xeve e de Parada-Campañó.
+ info en :
farodevigo
A dous quilómetros...
Amosando publicacións coa etiqueta EDL b>. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de maio de 2016
mércores, 13 de maio de 2015
PONTEVEDRA EN LA ONDA NA ESCOLA
Hoxe tivemos a visita na escola da emisora Onda Cero dentro da programación do mes de maio: MES DA LINGUA. O programa emitiuse en directo dende a Biblioteca.
Non vos perdades a emisión na que participou o alumnado de tódalas idades.
Preme na imaxe para poder escoitar a emisión do programa
sábado, 11 de abril de 2015
DÁLLE Á LINGUA EN ABRIL
Rosalía, Santo André de Teixido, Castelao, os animais máxicos do Cartafol do Lérez,unha app para facer feliz á xente, a Praia das Catedrais na Mariña, os contos que escribimos, 30 anos no corredor da morte sendo inocente ou lembrar o desastre do Prestige, nas voces dos nosos locutores/as de 5º e nas ondas de Onda Cero Pontevedra, (103,6 FM e 98,6 FM) ou na súa web, do 13 ao 24 de abril cada día ás 11:50h, grazas a Concellería de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra.
domingo, 1 de febreiro de 2015
CARA A EUROPA COA LINGUA COMO PASAPORTE
Outra viaxe, que sorte!
Da man da Concellería de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra, con Nova Xestión Cultural e Palmira (Mi Madriña), voamos de novo coas palabras.
Os de aquí: os mesmos do ano pasado; os de alá; xente que imos coñecer capitaneados por Isaac Xubín desde Sheffield, e o resto por media Europa.
Nas palabras de Palmira:
<<Se o ano pasado foi Ponte a Londres http://pontealondres.eu/ este ano é Ponte a Europa. Vós dende Campañó, Lérez e Xeve de Pontevedra. Eu dende Sardiñeiro en Fisterra.
Isaac dende dende Sheffiel, http://gl.wikipedia.org/wiki/Sheffield
Robert dende Birmingham, http://gl.wikipedia.org/wiki/Birmingham
Scott dende Oxford en Inglaterra http://gl.wikipedia.org/wiki/Oxford
Nikesh dende Cork, en Irlanda http://gl.wikipedia.org/wiki/Cork
Lucija e Matea dende Zadar, en Croacia http://gl.wikipedia.org/wiki/Zadar
Suliman dende Berlín, en Alemania http://gl.wikipedia.org/wiki/Berl%C3%ADn
Kasia dende Varsovia, en Polonia http://gl.wikipedia.org/wiki/Varsovia
Ilari dende Helsinki, en Finlandia http://gl.wikipedia.org/wiki/Helsinqui
Claro está o nome de Ponte Europa con esta presentación!
Dende Pontevedra a Europa e dende Europa a Pontevedra, en galego, na lingua que nos une e na lingua que nos fai! Conversaremos sobre as linguas, os lugares e as xentes que os habitan.
Xa o dicíamos o ano pasado na última e emocionante sesión: "Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo".
Ponte a Europa vai ser un blog, feito por xente pequena, rapazas e rapaces dos colexios de lugares pequenos coma Xeve, Lerez e Campañó, que queren "cambiar o mundo"de maneira sinxela, que queren mudar a lingua, falar galego, amosar o seu pequeno mundo, amosar os seus lugariños, as historias e as xentes, a paisaxe, as cousas que conforman o noso sentir.>>
Hemeroteca:
Concello de Pontevedra
Faro de Vigo
PontevedraViva

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)