Perder o medo a
falar en público e diante das cámaras é un dos obxectivos que nos propoñemos
para este curso, e porén animamos ao alumnado de Terceiro de Primaria a que faga,
de xeito voluntario, un traballo da temática que eles mesmos decidan e no
formato co que se sintan máis cómodos para expoñelo na aula.
Unha mostra de
esforzo, dedicación e interese que de seguro só pode traer consecuencias
positivas, xa que para vencer un medo non hai nada mellor que ter valentía e facerlle
fronte.
Aquí temos a Víctor co seu excelente traballo sobre a Lúa e as súas fases. Noraboa!
Impresionante presentación! E moi ben falado. Noraboa Víctor.
ResponderEliminar