Xa falamos aquí dalgún dos obradoiros que temos os venres no cole. Hoxe imos falar doutro deles, concretamente do "Obradoiro de experimentos" que coordina a profe Jackie. Nel aprendemos un montonazo de cousas de ciencias e facemos uns inventos chulísimos coas nosas propias mans, experimentando cos nosos propios medios e vendo que a ciencia está ao noso redor, ás veces sen que casi nos demos conta.
Nesta sesión aprendimos como é máis sinxelo para o noso cerebro lembrar por exemplo o nome das persoas se o asociamos a intereses, cualidades ou calquera tipo de referencia a el ou a ela.
Para iso creamos a nosa propia colección de personaxes aos que lle puxemos os nomes que preferimos.
Pegámolos en tarxetas en cartulinas de distintas cores de xeito que cada un/unha teña as súas propias e distintas as d@s demais.
Na parte de atrás da ficha incluimos algunha información relativa as aficións das personaxes inventadas...
Isto axudounos un montón a memorizar os seus nomes. O noso cerebro so tivo que asociar aficións e nomes e cousa foi moi doada!
Para comprobar que isto funcionaba puxémolo en práctica co resto de compañeir@s...