sábado, 15 de abril de 2017

CONTOS Á CARTA

Seguimos traballando dentro do programa "Escribir como lectores" da AELE (Asociación Española de Lectura e Escritura) no que estamos inscritos e co que estamos a  descubrir o libro "El oso que leía niños" de Gonzalo Moure

Nesta ocasión argallamos unha actividade moi interesante para que traballaran de xeito conxunto o alumnado de 1º de Educación Primaria co de 5º, de xeito que @s  pequen@s interactuaran cos/as grandes: os peques elexirían títulos para contos que os maiores lles escribirían, unha especie de contos á carta.

Nunha primeira fase da actividade, o alumando de 1ºEP encargouse de facer títulos de posibles contos que estaban por escribir, e que se parecían moito ós daquel libro tan interesante que estiveron a ler: El oso que leía niños.

Para inventar estes títulos fixeron un xogo moi divertido co que ampliaron o seu léxico e a súa imaxinación. A profe Pili deulles tres caixas nas que había animais, verbos e cousas respectivamente. 


 





Cada nen@ escolleu o animal que máis lle gustou, a acción que quería que fixese e a cousa á que se refería esa acción.



Así os resultados foron moi variados e varipintos, e deron uns títulos moi divertidos.


Unha vez escritos os títulos fixeron incluso as ilustración que representarían a ese contos que querían pedirlle aos seus/súas compañeir@s de 5º.



"El conejo que viajaba a los castillos"


"El búho que miraba casas"


"El hipopótamo que odiaba las tormentas"


"El gallo que regalaba radios"


"El ciervo que curaba árboles"

E dito e feito o alumnado de 5º co profe Luis púxose mans á obra e creou todo tipo de contos para tantas peticións como tiveron. Cando estiveron listos levouse a cabo un encontro na biblioteca e leron os contos escritos aos seus/súas "clientes/as".












Tod@s opinaron sobre se lles gustara o conto, se os personaxes eran como esperaban, pediron cambios, fixeron suxerencias e pasárono estupendamente con esas lecturas de contos á carta.









Xa está no forno a edición dun pequeno libro que recolle todas estas obras creadas en conxunto nesta experiencia marabillosa. En breve colgarémolo aquí, no blog do cole.


Bo traballo rapaces/as!



Ningún comentario:

Publicar un comentario