xoves, 17 de decembro de 2015

APERTAS PARA OS DE CINCO ANOS DA SÚA PROFE LAURA



Con moito agarimo pola miña parte,e xa que  este trimestre chegou ao seu fin,  quero despedirme con este pequeno vídeo que recolle algúns dos  grandes momentos vividos xuntos.
Simplemente dicir que foi un verdadeiro pracer tervos como alumnos/as.
Deséxovos o mellor!
Un bico enorme!!!

BO NADAL!
Laura Álvarez

domingo, 12 de xullo de 2015

PROXECTO ATLÁNTICO DA REDE PEA DA UNESCO


Estamos participando neste proxecto que se renova, cos nosos compañeiros da rede galega e tamén da rede portuguesa.
Compartimos a información dos nosos compañeiros de Campolongo:

Presentación da Xornada Atlántica 2015 no 28 Congreso da REAU

Actas do Proxecto Atlántico

Xornada Atlántica 2015 REGAU

 

 





venres, 26 de xuño de 2015

FIN DE CURSO 2014-2015

O curso rematou e despedimos a unha nova xeración de alumn@s que marchan cara o seu futuro no instituto. Agardamos que sexan moi felices.



mércores, 3 de xuño de 2015

LÉREZ NON É TRAPACERO

O 8 de abril o Consello Estatal do Pobo Xitano decicidiu levar a cabo un acto de sensibilización co título de #yonosoytrapacero #yonosoytrapacera, un vídeo onde se reclama a eliminación do dicionario da RAE, a definición de xitano/a como trapacero/a: "que estafa ou obra con engano". Dende o CEIP San Benito de Lérez decidimos sumarnos a esa iniciativa co seguinte vídeo.

luns, 1 de xuño de 2015

CARACOLA RADIO A NOSA EMISORA ESCOLAR

Xa viñamos avisando aí atrás que algo especial se estaba a cocer na nosa escola, pois ben, é o momento de facelo público: neste maio do curso 2014-2015 naceu no CEIP San Benito de Lérez: CARACOLA RADIO, a nosa emisora escolar.

Xa ten o seu propio blog para que podades estar ao tanto de todo o que alí acontece, podedes acceder pola dirección https://caracolaradio.wordpress.com ou ben premendo na imaxe que aparece na dereita deste blog.

Logo das emisións de proba, a inauguración da Caracola Radio por parte do profesorado e algún que outro programa inicial por parte do alumnado do centro, chegou a primeira visita dun persoeiro alleo á escola. Días antes das eleccións municipais visitou a nosa Caracola Radio o Concelleiro de Xuventude e Normalización Lingüística Demetrio Gómez Xunqueira.

Queredes escoitar a entrevista que lle fixeron @s alumn@s de 5º de Educación Primaria? Premede na seguinte imaxe.


mércores, 20 de maio de 2015

PELÍCULAS DE ANIMACIÓN


GoAnimate é unha ferramenta que permite crear pequenos vídeos e historias de animación cun montón de personaxes, accións e fondos diferentes que se poden combinar entre sí.

É unha ferramenta perfecta para que o alumnado invente as súas propias historias. Ademáis permite gravar unha narración, diálogos de personaxes e incluir música. Todo dun xeito moi intuitivo.

Esto fai que sexa unha ferramenta xenial para traballar na aula de Audición e Linguaxe, empregándoa para os procesos de xeneralización dos fonemas. A continuación Fran de 2º de Primaria preséntanos a súa historia: "El Cazador"

MAIO, MES DA LINGUA (ONDA CERO) - A GRANXA DO TÍO MANUEL

O alumnado de 6º de Infantil do CEIP San Benito de Lérez (Pontevedra) canta a canción de "A Granxa do Tío Manuel" para despedir o programa en directo que Onda Cero realiza dende a escola con motivo de campaña do concello: "Maio, mes da lingua".

mércores, 13 de maio de 2015

PONTEVEDRA EN LA ONDA NA ESCOLA

Hoxe tivemos a visita na escola da emisora Onda Cero dentro da programación do mes de maio: MES DA LINGUA. O programa emitiuse en directo dende a Biblioteca. Non vos perdades a emisión na que participou o alumnado de tódalas idades.

Preme na imaxe para poder escoitar a emisión do programa

domingo, 10 de maio de 2015

nAmorAndo: PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA MECHISTA EN EP

Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.



A Concellaría de Igualdade, que dirixe Carmen Fouces, puxo en marcha co inicio do curso escolar o programa Namorando entre os centros de educación Primaria e Secundaria do concello. Este programa ten por propósito ofrecer recursos aos alumnos para manter relacións de parella sas dende a etapa escolar. Están inscritos 420 rapaces de dez centros distintos do municipio.

En Educación Primaria participan os CEIP A Xunqueira I, Vidal Portela, Príncipe Felipe, A Xunqueira II, Álvarez Limeses, Cabanas e San Bieito de Lérez. Están en lista de agarda: Barcelos, Vilaverde, Marcón e A Carballeira.

En Primaria trabállase co proxecto "Erea e Martiño: Unha historia diferente". Está dirixido a rapaces de 4º de Primaria cos que se crearon dez grupos (uns 200 rapaces) cos que se mantivo unha sesión semanal durante as que se traballou a concepción de homes e mulleres, as expresións de emocións, de xogos non sexistas así como cuestións básicas sobre o amor. Previamente realizaron un cuestionario, que se lle volveu a pasar logo das sete sesións, e que amosa uns resultados moi satisfactorios.

VOLVEN OS MAIOS AO COLE!

Da man da ANPA "O Areeiro", volveu o maio ao cole, e mesmo está vez chegou á Ferreiría.
Parabéns a todos os que o fixeron posible!

 

Os maios en:
PontevedraViva