mércores, 16 de outubro de 2019

TELELÉREZ ESTÁ CHEGANDO!

Temos grandes noticias que compartir con vós:

Unha nova televisión vai comezar a emitir dende a biblioteca do CEIPP San Benito de Lérez!
Chámase Telelérez!
Polo de pronto aínda non sabemos moito.

Mirade os primeiros anuncios protagonizados por Joel, Preciosa, Tabita e Aitana de 2º de Primaria.



Tal e como vos contan Tabita e Aitana, lembrade subscribirvos á canle de Youtube, podedes facelo premendo aquí youtube.com/c/SanBenitoLerez

sábado, 12 de outubro de 2019

UN CANTEIRO VEU VISITARNOS

O venres 11 de outubro tivemos a sorte de que nos viñera visitar José Manuel Pérez Fontán, canteiro profesional e pai do noso alumno de cuarto Marcel. José Manuel pasou a mañá con nós e explicounos en que consistía o seu traballo e tamén como había que facer para levalo a cabo. Incluso puidemos probar nós mesmos. Aquí tedes un video desta divertida xornada.


Para rematar esta xornada o alumnado de 4º fíxolle unha entrevista do máis interesante que podedes escoitar a continuación. Gracias por todo José Manuel.

xoves, 10 de outubro de 2019

O CAIXÓN FLAMENCO

Na clase de 3º de Primaria, estes días descubrimos que un dos seus alumnos tiña unha habilidade moi especial... tratábase de Kevin, quen dixo que sabía tocar o caixón flamenco e que un día ía traer un para ensinarnos como se tocaba.

Así foi, así que decidimos gravalo en video, pero a sorpresa non remata aí xa que explicounos que o seu mestre no caixón, era outro alumno do cole e cando nos enteramos quen era, pedímoslle que viñera a explicarnos un pouco máis sobre o mundo do caixón flamenco, sabedes quen é?

Mirade o video para enterarvos, ata a mestra da clase e outro mestre acaban tocando. Xa veredes

luns, 7 de outubro de 2019

NOVOS PROGRAMAS DOS DE 4º

Bueno, bueno, semella que os de 4º de primaria siguen moi de preto ao alumnado máis maior do cole e xa presentaron os seus primeiros programas na Caracola Radio e a verdade é que para ser a primeira vez que se gravaban eles e elas sen axuda, fixeron moi pero que moi ben. Escoitade, escoitade, a temática é do máis variada.


CARACOLA RADIO XA ESTÁ EN MARCHA!

Pois si amiguiños e amiguiñas apenas un par de semanas despois de comezar co novo curso, o alumnado de 6º xa se puso as pilas a tope e publicaron os seus primeiros traballos. Neste caso de temática totalmente libre.

Non perdades nin un so destes programas porque hai de todo, dende animais moi interesantes, ata o mundo que nos gustaría ter, pasando por temas tan serios como o cambio climático ou o fin do mundo e incluso a creación dunha canle de Youtube. Escoitade, escoitade que a Caracola Radio xa está emitindo de novo!


mércores, 11 de setembro de 2019

QUERES SABER O QUE PASA NO COLE?

Pois estas son as direccións que tes que visitar

domingo, 8 de setembro de 2019

VOLTA AO COLE!

Xa estamos aquí un curso máis con moitas ganas de que empece o cole. Lembrade que será o:

MÉRCORES 11


mércores, 29 de maio de 2019

A MOSCA CHOSCA - CROMA



Velaí tedes o traballo dos alumnos e alumnas de 5º de E.P. representando a obra "A mosca chosca", en colaboración co departamento de Tecnoloxías da Información e da Comunicación", iniciándonos no mundo do croma! Podedes adiantar ou retrasar o video para ver os tres grupos.


Esperamos que vos arrinque un sorriso! :)

martes, 28 de maio de 2019

BOOKTRAILER



Este curso tivemos a gran sorte de poder aprender a través da biblioteca diferentes formas de achegar e involucrar ó alumnado ós libros. Aquí deixamosvos unha pequena mostra dos BOOK TRAILER que elaboramos para acadar tal fin.
Esperamos que vos agrade:




martes, 21 de maio de 2019

XOA, OBRA DE ANTÓN YÁÑEZ CASAL.


CO OBXECTIVO DE FOMENTAR O GALEGO NA ESCOLA E IMPULSAR O PROXECTO LECTOR DO CENTRO, VOS PRESENTAMOS O VÍDEO DA OBRA "XOA".