Esta semana tivemos a sorte de asistir a unha función de ópera no Pazo da Cultura de Pontevedra. Fumos ver a representación de Guillermo Tell de Giacomo Rossini, representado pola Compañía La Baldufa.
Encantounos a escenografía tremendamente versatil e o xeito en que os actores e as actrices conectaron con tod@s @s que alí estabamos.
Unha experiencia moi grata que traballamos previamente na clase de música coa profe Fátima, o que nos axudou a comprender todo canto pasaba sobre o escenario.
Aquí deixamos unhas fotos dunha mañá tan divertida e sobre todo ben diferente.
Como cada ano o 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria leu poemas da escritora na aula e interpretamos a ilustración que do poema Adiós ríos, adiós fontes fixo para este día a ilustradora galega Aurora Cascudo Román.
A propia ilustradora prestounos a ilustración sen darlle cor para que o noso alumnado fixera a súa propia versión. Ao mesmo tempo que pintabamos tamén escoitabamos a versión musical do poema...
Foi unha mañá bonita, chea de poemas e de música, a mellor homenaxe que lle podemos render á nosa poeta máis ilustre.
Aquí deixamos unha pequena montaxe onde podedes ver cant@s artistas temos neste colexio.
Esta actividade xa forma parte da campaña da Asociciación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega #mobilizarosalía con motivo da Celebración do 24 de xaneiro, Día de Rosalía.
Aquí tedes o enlace onde podedes ver outros proyectos xunto co noso, que está no posto número 60.
Estes/as nen@s de infantil están a se voltar "tol@s". Hoxe pola mañá como non deberon de traer as merendas (máis ben non lles debían apetecer...) deulles por se poñer a facer madalenas!
Pasárono pipa, aprenderon a empregar a báscula, as cantidades (ducia, gramos...), mancháronse o que puideron, pero quedoulles todo xenial.
Esta semana estivemos moi atarefad@s construindo a nosa parte do conto viaxeiro.
A do "Conto Viaxeiro" é unha iniciativa que pretende promocionar o uso do galego, ademais de crear un traballo cooperativo entre o alumnado dalgunhas escolas de Pontevedra.
A edición deste curso 2015/16 ten como temática os legumes, xa que o 2016 é O Ano Internacional dos Legumes e está organizada nesta ocasión polo CEIP Campolongo.
Estas imaxes recollen a continuación do conto "Legumízate", que xa pasou polo CEIP Parada -Campañó e polo CEIP Campolongo, e vai camiño da EEI Verducido, para finalizar no CEP Marcos da Portela.
No CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez @s autores/as son @s nen@s de 1º e 2º de Educación Primaria.
Aquí vos deixamos o proceso de montaxe con todos os debuxos dos nen@s, que fixeron durante estas tardes as profes Pili e Pilar.
Estes días algo está a acontecer na aula de 6º de Educación Infantil, marcharon as luces e apareceu algo novo na aula.
De súpeto lembrámonos das estrelas, o sol... e decidimos investigar.
Sabemos o que son as constelacións e as estrelas. Imos coas galaxias.
Seguimos investigando para recadar máis información...
Coñecemos tamén a un tal Vicent Van Gogh que era pintor, pero non sei que lle deu e cortou unha orella. Ademais fixemos a nosa propia interpretación de "Una noche estrellada".
Tamén vimos a Miró e Calder
Se queredes ver ata onde chegamos non deixedes de ver o noso álbum.
A revista Eduga publica no seu último número un artigo sobre o traballo feito coas TIC no noso cole o pasado curso 2014-2015: "Sobre o uso das TIC nas aulas".
Aquí vos deixamos o enlace, que aparece na súa sección Proxeccións, para que disfrutedes do mesmo xeito que nós o fixemos traballando xunt@s :)
Esta fin de semana celebrouse un ano máis o Día da Radio. Dende a nosa emisora escolar, Radio Caracola, quixemos celebralo cunha emisión moi especial realizada polo profe Luis e o alumnado de 6º de EP.
Partindo dunha enquisa sobre o
valor da radio na vida das persoas fixemos esta pequena homenaxe as ondas, que nos acompañan en tantísimos momentos do día (e tamén da noite). Aquí podedes escoitar o programa
Hoxe en 2º, coa profe Pili estivemos a aprender a táboa do 2. Para facelo usamos unha cuadrícula, os dados e as regletas Cuisenaire. Vexamos unhas fotos do proceso.
O primeiro que fixemos foi contar as casillas que tiñamos na cuadrícula. Eran 60. Desas 60 eliminamos 5 que tachamos cunha X grande. Quedáronnos 55 casillas en blanco.
En cada unha desas 55 casillas pintamos dados do dous, que máis tarde recortamos en pequenas pezas.
A profe Pili pintounos no encerado o xeito en que debiamos ir colocando os pequenos dados do 2 ata formar unha pirámide que ía do 1 ao 10.
E así as fomos facendo...
Unha vez colocadas e pegadas as pezas usamos as regletas Cuisenaire para comprobar cantos puntos había en cada fila.
Tras colocar as regletas e recontados os número, empezamos a facer as sumas de dados que tiñamos en cada fila.
A profe Pili axúdanos a comprobar en alto a tabla do 2 a través das regletas
E finalmente repasamos con Yago na pizarra se tod@s o temos ben feito :)
Con moito agarimo pola miña parte,e xa que este trimestre chegou ao seu fin, quero despedirme con este pequeno vídeo que
recolle algúns dos grandes momentos
vividos xuntos.
Simplemente dicir que foi un verdadeiro pracer tervos como
alumnos/as.