luns, 20 de xuño de 2022

Caracola Radio curso 2021-2022

Este ano, os nenos e nenas de 4º de primaria démoslle moita caña a nosa radio do cole! Aquí deixamos algúns dos podcast que fumos creando ao longo do curso. Deixamos o enlace directo se queredes escoitar todos ao completo. Saúdos!!

Os nenos e nenas de 3º e 4º saen de excursión!

Este ano os nenos e nenas de terceiro e cuarto de Primaria tivemos unha excursión de fin de curso moi interesante! Pola mañá acudimos ás Fervenzas do Río Barosa e visitamos o Parque da Natureza... Pola tarde, continuamos cun tour polo Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro (PAAR) seguido dunha divertida xincana organizada polo Museo. Sen dúbida, xa temos ganas de volver!

sábado, 18 de abril de 2020

sábado, 14 de marzo de 2020

O COLE PERMANECERÁ PECHADO

Por mor da situación excepcional que vivimos e debido ao estado de alarma decretado polo Goberno de España:

O noso centro permanecerá pechado para todo a comunidade escolar durante o tempo que dure esta situación.

Podedes ver a nota informativa do equipo directivo premendo aquí.


venres, 13 de marzo de 2020

MEDIDAS DE URXENCIA CONTRA O CORONAVIRUS



ALERTA ESPECIAL MEDIDAS CONTRA O CORONAVIRUS DA XUNTA DE GALICIA



Suspensión de todas as actividades lectivas dende o 16 ata o 30 de marzo



Toda a información en detalle aquí

Proposta de actividades para os cursos de primaria
Carpeta coas actividades por cursos 





Acceso do alumnado ás distintas plataformas educativas online

 - 4º B, 3º E 1º SNAPPET - 
 - 5º e 6º EDIXGAL -

Inglés para todos os niveis de primaria





venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido 2019-20

Así foi o noso entroido deste ano. Premede na imaxe para ver todas as fotos.


xoves, 13 de febreiro de 2020

Día Mundial da Radio 2020 (UNESCO)


Un ano máis a nosa Caracola Radio participa do Día Mundial da Radio que celebra a UNESCO a nivel mundial. Facémolo da man da Rede ESPORA e a súa proposta. Aproveitando a temática da diversidade, propúxesonos aos centros escolares que participaramos facendo as nosas propias cuñas. A nosa foi elexida pola clase de 6º de Primaria e corresponde ao grupo de Lucía, Sabela, Melany, Sara Louro e Hugo Sertal. Parabéns!

Podedes ver o evento aquí



sábado, 25 de xaneiro de 2020

Videotitorial para montar un escornabot

A robótica chegou ao CEIPP San Benito de Lérez en forma de escornabots. Son divertidos e sinxelos de empregar para os distintos cursos. Sen embargo, os robotiños viñan en caixas e necesitábamos alguén que se animase a montalos.

Aproveitando que estabamos traballando con Romeo e Antonio de 5º os textos instruccionais na aula de Audición e Linguaxe, puxémonos mans á obra facendo as nosas propias instruccións.


 


Aproveitando o traballo decidimos convertir eses textos nun video instruccional deses que vemos por Youtube. Agardamos que vos guste.

Se necsitades montar un escornabot xa sabedes, tan so tedes que seguir os pasos que vos indican estes dous alumnos.


luns, 13 de xaneiro de 2020

Plastiquina estivo en Lérez

Así foi! Como xa sabedes somos un cole da Rede de Escolas UNESCO e Plastiquina é a súa embaixadora. Antes de marchar de vacacións de Nadal veunos visitar e tamén quedou uns días para coñecer ao noso alumnado e ao noso profesorado e comunidade educativa.

Ela veunos falar do importante que é "desplastificar" xa que se encarga do obxectivo número 13 de acción polo clima. Interesoulle moito o proxecto que está facendo o alumnado de 3º de Primaria da man da profe Susi.

E desas e outras cousas falamos na Caracola Radio, mirade, mirade...

luns, 25 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO. DÍA DA ELIMINACIÓN DO MALTRATO CONTRA A MULLER

O alumnado leva traballando sobre esta triste realidade uns cantos días. Desde terceiro, fixemos pequenos programas de radio para intentar concienciar desta problemática. Dádelle ao play!

xoves, 21 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Sen dúbida a raíña das celebracións do outono e unha das festas máis querida por todos é o Magosto. Como todos os anos festexamos o noso e trouxemos da casa castañas e madeira para participar no asado de castañas. Este ano foi a cargo do alumnado de 6º xunto co noso querido conserxe Manolo.

Aínda que o tempo por momentos non acompañou pasámolo en grande! VIVA O MAGOSTO!

Premede na imaxe para ver máis fotos

luns, 18 de novembro de 2019

VÍDEO SOBRE O EXCESO DE RESIDUOS

O alumnado de 3º quérevos deixar unha mensaxe ao resto de nenas e nenos do cole: Traede menos residuo, e se o traedes, usade os caldeiros do lixo!

/>

mércores, 13 de novembro de 2019

GRAVACIÓN DO VÍDEO SOBRE O LIXO DO PATIO

Para que a mensaxe non quede só no ámbito do cole, as nosas ecopatrullas están a elaborar un vídeo coas evidencias e con consellos para conseguir un patio sen ningún residuo.

Estas son algunhas das secuencias:





E detrás da cámara...


                       

                       

CUÑAS PUBLICITARIAS RESIDUO CERO!

Outra forma de seguir concienciando a todo o colexio de eliminar completamente o residuo é a través do noso timbre musical e da nosa Caracola Radio.

O alumnado de terceiro estivo gravando en grupo, cuñas publicitarias que escribiron e que así o resto de aulas poidan escoitalas durante os recreos.

PRESENTACIÓN DO PROXECTO RESIDUOS CERO!

Para que todo o alumnado do colexio se decatara da problemática do exceso de residuos no cole, o alumnado de 3º elaborou unha presentación por grupos que foi expoñendo ao resto de aulas.
Reparto de responsabilidades, ensaios, guións... foi todo un reto para esta cativada!

Esta foi a presentación que empregaron:



E aquí temos a un dos grupos en plena acción transmitindo a mensaxe ecolóxica, neste caso, ao alumnado de Educación Infantil.



RESIDUO CERO!

Gracias á clase de 3º de Primaria e ao traballo que levan desenvolvendo durante varias semanas, todo o noso cole está sendo incluido nun proxecto tan interesante como necesario: RESIDUO CERO

Un proxecto que favorece que durante os recreos non se xere basura durante o recreo. Xa o fixeron estes 22 colexios galegos e nós agardamos estar nesa lista dentro de pouco gracias aos nenos e nenas de 3º e á súa titora.




luns, 4 de novembro de 2019

QUE SUSTO!

Menudo susto levou o alumnado de 3º!
Houbo quen se atreveu a achegarse, pero outras persoas recuaron!

domingo, 3 de novembro de 2019

SAMAÍN 2019

Con isto da globalización temos algo de lío co do Samaín e o do Halloween, aínda que a nós o que nos importa e festexar e pasalo ben, e para mostra, aquí tedes un video do baile e os sustos que prepararon os de 6º e tamén unhas fotiños.



Premede na imaxe para ver máis

martes, 29 de outubro de 2019

VISITA Á BASE AÉREA DO CAMPIÑO

Hoxe o alumnado de 3º foi coñecer máis de preto o labor da brigada do Campiño que loita contra os incendios forestais.
Falamos co persoal, accionamos as mangueiras, entramos no helicóptero e mesmo tivemos a sorte de ver como solta a auga do "bambi". A visita rematou cunha reflexión sobre a importancia de conservar os nosos montes e a prevención dos incendios forestais.
Esperamos que non teñan moito traballo que facer!
Premede na imaxe para acceder á galería completa.