O alumnado do primeiro curso explicoulle todo o que levan traballado dende que Pardín, o noso oso pardo, chegou á súa clase. Contáronlle como á raiz da súa visita comenzaron tamén a chegar outros osos á clase, que lle trouxeron o libro que están á ler e co que están a traballar.
Silvia lé a mensaxe que lle deixou súa osiña Rosa a Pardín
Eles/as tamén traballaron en equipo sobre o tema, así que durante a vista de Laura, concretamente elaboraron uns menús de cociña moi xeitosos con ela e a profe Pili.
O menú de Samuel C. e Jonathan
O menú de Samuel L. e Laura
O menú de Nerea e María
No caso de 5º EP traballaron sobre os sentimentos de Ñum Ñum, o oso protagonista do conto, o que @s levou a reflexionar sobre como se sinten moitas veces e de que xeito se poden manifestar as distintas cousas que sentimos. A raiz diso en grupo e coa axuda de Laura Benítez, Laura Goldar, bibliotecaria do CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda de Chapela (que tamén veu) e o profe Luis, elaboraron uns fermosos poemas que foron lendo en público.
Un dos compañeiros da aula, Jonathan, cerrou a sesión coa interpretación du fermoso tema escrito para Ñum Ñum, o oso que seica leía nen@s :)
Pola tarde Laura voltou para dirixir unha xornada na que participaron compañeir@s de outros colexios, e na que puxemos en común todos os proxectos que estamos a facer a partir da lectura de este libro. Ademais foron xurdindo novas ideas e novos proxectos para traballar na aula.
Xa ao final da xornada falamos de todo canto imos aprendendo a redor deste proxecto sobre a escritura.
E agora quedamos a espera de que a próxima visita que nos faga Laura, sexa para nos traer ao autor do libro, Gonzalo Moure que verá todo canto levamos traballado e nos falará da súa expriencia con Ñum Ñum.
Ningún comentario:
Publicar un comentario