Nesta parte do curso en 1º de primaria imos traballar nun proxecto relacionado co mundo dos osos, así que a finais da semana recibimos unha visita moi especial, que ademais leva trazas de se quedar a vivir con nós. Trátase de Pardín, un oso pardo, que nos axudará a coñecer moitas cousas sobre a natureza, as emocións, os transportes, as medidas, etc.
Pardín traía unha carta debaixo do brazo, onde nos contaba como chegou ata nós e de onde viña...
Tamén nos traouxo un conto con historias de osiños, e ata nos marcou un par delas para ler... así que aproveitando que era venres levámolo á biblioteca para que escoitara como a profe Pili nos contaba a historia que el elexiu para nós.
Enseguida decidimos que Pardín tiña que quedar e ser o nos amigo... irémosvos contando as cousas que aprendemos con el...
Ningún comentario:
Publicar un comentario