domingo, 26 de marzo de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA



Esta semana celebramos o Día da Poesía, xusto no ano que se cumpren cen anos do nacemento da poeta Gloria Fuertes. O alumnado de 1º EP fixo un achegamento á persoa e á obra da autora para lembrala. Primeiro aprendemos cousas dela a través da súabiografía e despois eleximos un dos seus poemas para traballar. Como seguimos metidos de cheo no proxecto de narrativa, escollemos un adicado aos osos, "El oso goloso".

Para traballar nel primeiro lémolo devagar e despois fomos debuxando as cousas que máis nos chamaron a atención desta obra infantil.













Como nos gustou tanto ver recitar aos nenos e nenas doutros coles, quixemos facer o mesmo, e por iso fixemos grupos de recitado para presentarllo aos nosos compañeir@s.


Finalmente o noso traballo quedou moi chuli decidimos facer esta montaxe para compartilo con todo o mundo que viaxa pola rede.



¡Gracias Gloria Fuertes polo teu agasallo en forma de oso!

O CALENDARIO NAS AULAS DE PRIMARIA

No noso día a día atopamos unha serie de obxectos que nos parecen moi cotiás e que sen embargo, cando estamos en primaria sonnos de grande axuda na aula, un exemplo é o dos calendarios. Cada mañá axúdanos a descubrir moitas cousas. En 1º EP sabémolo ben por iso somos moi amigos deles, coa súa presencia na aula aprendemos os números, os días da semana, os meses, as estacións, etc. pero con eles tamén aprendemos a contar, a sumar e restar, aprendemos as sílabas cos nomes do santoral, o xénero dos nomes e incluso a contar palabras que poden sair dos nomes propios do calendario... ás veces ter un a man, na casa, tamén é boa cousa. Quen nos ía dicir a nós que un calendario nos ía ensinar tantas cousas?

Diferenciamos as sílabas nas palabras e vemos cantas vocales hai en cada unha delas

Contamos o número de vocales e o número de consonantes que hai en cada palabra

 Facemos frases co nome que lle toca a cada día 

Facémolas grandes engadindo novas palabras, contaremos o número de palabras que ten cada frase...

¡Quen nos ía dicir a nós que un calendario nos ía ensinar tantas cousas!

XORNALISTAS POR PRIMEIRA VEZ

Esta semana andivemos argallando algo en 1º EP e por iso nos convertemos en xornalistas de radio por primeira vez. Foi moi emocionante para tod@s.
Descubrimos que o noso cole ten unha Radio propia, que se chama Radio Caracola, dende onde podemos facer programas ademais de aprender moitas cousas. Nesta ocasión fomos ao estudio para preparar un proxecto no que levemos traballando toda a semana e que en breve poderedes ver... polo de agora deixámosvos as nosas fotos

 O noso primeiro día de xornalistas


 Silvia, Héctor e Hugo

 Laura e Samuel

 
Aitana, Yeray e Pedro

Adrián, David e Nerea

Nerea, Andrea e María

 Samuel e Jonathan
 Juan Daniel, Lucía e Marcel

 Carmen, Sabela e Gabriela

Ezequiel, Yago e Javi

luns, 20 de marzo de 2017

XORNADAS DE NARRATIVA CON LAURA BENÍTEZ

A semana pasada recibimos a visita de Laura Benítez dentro do programa "Escribir como lectores" da AELE (Asociación Española de Lectura e Escritura) no que estamos inscritos e co que estamos a traballar co libro "El oso que leía niños" de Gonzalo Moure. Foi unha xornada intensa, pola maña Laura traballou co alumnado de 1º EP e 5º EP.
O alumnado do primeiro curso explicoulle todo o que levan traballado dende que Pardín, o noso oso pardo, chegou á súa clase. Contáronlle como á raiz da súa visita comenzaron tamén a chegar outros osos á clase, que lle trouxeron o libro que están á ler e co que están a traballar.







 Silvia lé a mensaxe que lle deixou  súa osiña Rosa a Pardín

Eles/as tamén traballaron en equipo sobre o tema, así que durante a vista de Laura, concretamente elaboraron uns menús de cociña moi xeitosos con ela e a profe Pili.

O menú de Samuel C. e Jonathan

 O menú de Samuel L. e Laura

O menú de Nerea e María

No caso de 5º EP traballaron sobre os sentimentos de Ñum Ñum, o oso protagonista do conto, o que @s levou a reflexionar sobre como se sinten moitas veces e de que xeito se poden manifestar as distintas cousas que sentimos. A raiz diso en grupo e coa axuda de Laura Benítez,  Laura Goldar, bibliotecaria do CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda de Chapela (que tamén veu) e o profe Luis, elaboraron uns fermosos poemas que foron lendo en público.
Un dos compañeiros da aula, Jonathan, cerrou a sesión coa interpretación du fermoso tema escrito para Ñum Ñum, o oso que seica leía nen@s :)











Pola tarde Laura voltou para dirixir unha xornada na que participaron compañeir@s de outros colexios, e na que puxemos en común todos os proxectos que estamos a facer a partir da lectura de este libro. Ademais foron xurdindo novas ideas e novos proxectos para traballar na aula.
Xa ao final da xornada falamos de todo canto imos aprendendo a redor deste proxecto sobre a escritura.





E agora quedamos a espera de que a próxima visita que nos faga Laura, sexa para nos traer ao autor do libro, Gonzalo Moure que verá todo canto levamos traballado e nos falará da súa expriencia con Ñum Ñum.

LEVAMOS LIBROS PARA A CASA

A lectura é importante en todos os seus aspectos. É moi importante aprender a ler, facelo con soltura, interpretar o que lemos, etc. mais tamén son importantes todos os procesos e os rituais que se xeneran ao seu redor. Un exemplo disto é o feito de coller libros nas bibliotecas escolares e levalos para a casa, e así ler en familia. Neste caso deixamos unhas fotos desta semana, onde decidimos inmortalizar o proceso de "fichaxe" de libros para levar para a casa na aulas de 1º EP.


Primeiro imos vendo cales son os libros que temos na biblioteca da aula, despois, en alto, imos preguntando quen d@s nos@s compañeir@s o leu, e así vainos contando se lle gustou ou non, e finalmente saberemos si o recomenda para a súa lectura ou non.

Despois de decidir que libro levamos, anotámolo na nosa axenda de préstamos, para saber que cando o devolvamos temos que anotar tamén de novo a data de chegada, e así a semana seguinte outr@ compañeir@ da clase poderá levalo outra vez.


A lectura, é como unha planta, haina que cultivar e canto máis a reguemos, maís medrará :)







domingo, 19 de marzo de 2017

APRENDER A PENSAR A TRAVÉS DOS PROXECTOS

Esta semana tivemos a derradeira sesión do Plan de Formación adicado ao traballo por proxectos: Aprender a pensar a través de proxectos. De infantil en adiante!. 

Despois da visita de Javier Rouco, profesor da Facultade de Educación da UDC e de Educación Primaria e de parte de equipo de educación infantil do CEIP Alexandre Cadarso (A Barquiña), Juan do mesmo centro, puxo esta semana o colofón a unha serie de charlas formativas moi interesantes, nas que aprendemos moitas cousas que se están facendo noutros centros, como é o caso do seu de Noia. Gracias aos compañeir@s por compartir connosco o seu traballo.