luns, 23 de febreiro de 2015

ROBERTO, UN VALENTE MÁIS

O noso compañeiro Roberto tamén se animou cun traballo que trata sobre as Fragas do Eume. Acompañou a súa exposición con cartolinas nas que escribiu e pegou imaxes relativas ao tema, polo que precisamos da colaboración de Manuel, quen lle axudou a colocalas no encerado.
Moi ben feito! Quen será o seguinte?


venres, 20 de febreiro de 2015

EXPOSICIÓNS ORAIS - VÍCTOR

Perder o medo a falar en público e diante das cámaras é un dos obxectivos que nos propoñemos para este curso, e porén animamos ao alumnado de Terceiro de Primaria a que faga, de xeito voluntario, un traballo da temática que eles mesmos decidan e no formato co que se sintan máis cómodos para expoñelo na aula.
Unha mostra de esforzo, dedicación e interese que de seguro só pode traer consecuencias positivas, xa que para vencer un medo non hai nada mellor que ter valentía e facerlle fronte.

Aquí temos a Víctor co seu excelente traballo sobre a Lúa e as súas fases. Noraboa!  


mércores, 18 de febreiro de 2015

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O venres 13 tamén se festexaba o Día Mundial da Radio e dende a escola quixémos sumarnos a esa iniciativa.

O alumnado de 5º de primaria inventou unha radio feliz, chea de novas felices, Caracola Radio, a Radio Feliz. Na emisora Onda Cero fixéronse eco desta iniciativa e alí, no programa Pontevedra en la Onda, puidéronse escoitar as novas de Noel, Diego, Noé, Yasmina, Ainoa e Andrea.

Senón tiveches ocasión de escoital@s en directo agora podes facelo aquí, a través da nosa recén estreada conta de Soundcloud.

Pulsa no play!

ENTROIDO 2015

O pasado venres 13 de febreiro festexamos o entroido na escola por todo o alto.

A temática dos disfraces deste ano eran a luz e a cor, aproveitando que a ONU, proclamou 2015 como o Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías basadas na Luz.

Preme na imaxe para ver a galería

A pesares de que o tempo non acompañou, as ganas de pasalo ben eran moitas e puidemos desfrutar dos doces típicos do entroido que @s nen@s trouxeron da súa casa. E tamén do baile e da música, gracias ó noso querido mestre de Educación Física, Pablo, que nos fixo bailar ó son de diversas coreografías. Gracias Pablo!

venres, 13 de febreiro de 2015

PASARELA NOS CORREDORES DO COLE

Os nenos e nenas de Terceiro de Primaria organizamos unha superpasarela no cole pola que desfilaron os mellores modelos. Non podíamos deixar de amosar as últimas tendencias en moda de Entroido.


SUPERENTROIDO

Compartir o entroido cos máis pequen@s da casa pode ser desfrutar preparando o noso propio disfrace. Ás veces o mais divertido é o máis sinxelo, tan só temos que poñerlle un pouco de imaxinación, facendo por exemplo unha equipación básica para un superheroe empregando fieltro de cores.
Podemos comezar polo anteface do noso superheroe favorito.



Ademáis engadiremoslle algún complemento máis para as bonecas e as zapatillas deportivas ou incluso o seu propio sistema de propulsión. Tan divertido como sinxelo, e o mellor é que pódeno facer eles/as mesm@s.



En Audición e Linguaxe decidimos aproveitar esta época do ano para, facendo un pequeno antiface de superheroe, aprender cal é o mellor xeito de afrontar unha tarefa deste tipo:
  • Elaborar unha lista dos materiais requeridos. 
  • Facer unhas instruccións básicas cos distintos pasos que debemos dar.
  • Aproveitar para aprender un vocabulario técnico relacionado coa nosa tarefa.
Fixemos os nosos antifaces con cartulinas de cores, que vos parece?


Preme na imaxe para ver o proceso

xoves, 12 de febreiro de 2015

PROFESORADO EN FORMACIÓN - OLGA RODRÍGUEZ

Unha das cousas que implica ser mestre ou mestra é a aprendizaxe continua, é dicir, que si traballamos nunha escola sempre estaremos nun fluxo continuo de ensinar e aprender. Non podería ser doutro xeito.


Esta semana tivemos na nosa biblioteca a presencia de Olga Rodríguez, que veu dende Malpica para mostrarnos o xeito de traballar na súa escola mediante proxectos dixitais integrados. Foi moi interesante!

Nesta ligazón podedes visitar o blog da súa Biblioteca Milladoiro. Gracias Olga!

martes, 10 de febreiro de 2015

XA É INVERNO EN LÉREZ

Aínda que xa pasou un tempo dende que entramos no inverno, semella que non acabábamos de crelo de todo.

A chegada destas mañanciñas nas que os termómetros non pasaban dun grao de temperatura, convertiron nunha realidade climatolóxica o que nos indicaba o calendario.

No corredor das aulas de primeiro e segundo de primaria, o alumnado fíxose eco deste cambio de estación. De novo da man das nosas queridas mestras Pili e Pilar.


As bufandas, as lubas e os puchos convertíronse nos donos absolutos das nosas mochilas ó chegar a clase, e os nosos fociños mudaron de cor. Pero para afrontar este frío con alegría non hai nada mellor que acudir ó noso sabio refraneiro. Mirade que fermosas verbas:

Frío allí arriba.
Frío aquí abajo.
Frío con ganas
de dar un abrazo.


Frío en las manos.
Frío en los pies.
Frío en la cara.
Nariz colorada.


luns, 9 de febreiro de 2015

AUDIOCONTOS - TODOS MENOS UNO de ÉRIC BATTUT

Continuamos cos contos como fonte ilimitada de traballo en tódolos niveis educativos. Neste caso Uxía de 6º de Primaria fai a lectura de este conto como parte dun exercicio de Audición e Linguaxe, no que se traballan algúns dos elementos da voz e da fala: volumen, ton, intensidade, timbre e prosodia.


A historia chámase "Todos menos uno" de Éric Battut e fala sobre un guisante que decidira non ser como os demais :)


xoves, 5 de febreiro de 2015

ENC@NTAD@S - A CASA DA MOSCA CHOSCA

A lectura de contos de nen@s maiores a outr@s máis pequen@s é unha tarefa coa que se poden traballar moitísimas cousas interesantes. Comezando pola estimulación da linguaxe oral, a animación á lectura d@s máis pequen@s, a perda do medo a falar en público, a mellora do autoconcepto, etc.


Zaira da clase de 2º de Primaria é a encargada de inaugurar este ano esta actividade que demos en chamar "Enc@ntad@s". Esta mañá leulle ó noso alumnado de 5º de Infantil o conto "A Casa da Mosca Chosca" de Eva Mejuto e Sergio Mora. @s pequen@s disfrutaron moito da visita de Zaira a quen escoitaron moi atentamente.

En nome da clase de 5º de Infantil: GRACIAS POR VIR A LERNOS ESTE CONTO ZAIRA, agardamos que volvas a visitarnos moi pronto :)

Aquí vos deixamos un video para que vexades como foi esta experiencia tan divertida.

domingo, 1 de febreiro de 2015

CARA A EUROPA COA LINGUA COMO PASAPORTE

http://ponteaeuropa.gal/
Outra viaxe, que sorte!
Da man da Concellería de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra, con Nova Xestión Cultural e Palmira (Mi Madriña), voamos de novo coas palabras.
Os de aquí: os mesmos do ano pasado; os de alá; xente que imos coñecer capitaneados por Isaac Xubín   desde Sheffield, e o resto por media Europa.

Nas palabras de Palmira:
<<Se o ano pasado foi Ponte a Londres http://pontealondres.eu/ este ano é Ponte a Europa. Vós dende Campañó, Lérez e Xeve de Pontevedra. Eu dende Sardiñeiro en Fisterra.

Isaac dende dende Sheffiel, http://gl.wikipedia.org/wiki/Sheffield
Robert dende Birmingham, http://gl.wikipedia.org/wiki/Birmingham
Scott dende Oxford en Inglaterra http://gl.wikipedia.org/wiki/Oxford
Nikesh dende Cork, en Irlanda http://gl.wikipedia.org/wiki/Cork
Lucija e Matea dende Zadar, en Croacia http://gl.wikipedia.org/wiki/Zadar
Suliman dende Berlín, en Alemania http://gl.wikipedia.org/wiki/Berl%C3%ADn
Kasia dende Varsovia, en Polonia http://gl.wikipedia.org/wiki/Varsovia
Ilari dende Helsinki, en Finlandia http://gl.wikipedia.org/wiki/Helsinqui

Claro está o nome de Ponte Europa con esta presentación!
Dende Pontevedra a Europa e dende Europa a Pontevedra, en galego, na lingua que nos une e na lingua que nos fai! Conversaremos sobre as linguas, os lugares e as xentes que os habitan.

Xa o dicíamos o ano pasado na última e emocionante sesión: "Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo".

Ponte a Europa vai ser un blog, feito por xente pequena, rapazas e rapaces dos colexios de lugares pequenos coma Xeve, Lerez e Campañó, que queren "cambiar o mundo"de maneira sinxela, que queren mudar a lingua, falar galego, amosar o seu pequeno mundo, amosar os seus lugariños, as historias e as xentes, a paisaxe, as cousas que conforman o noso sentir.>>

Hemeroteca:
Concello de Pontevedra
Faro de Vigo
PontevedraViva