xoves, 17 de decembro de 2015

APERTAS PARA OS DE CINCO ANOS DA SÚA PROFE LAURA



Con moito agarimo pola miña parte,e xa que  este trimestre chegou ao seu fin,  quero despedirme con este pequeno vídeo que recolle algúns dos  grandes momentos vividos xuntos.
Simplemente dicir que foi un verdadeiro pracer tervos como alumnos/as.
Deséxovos o mellor!
Un bico enorme!!!

BO NADAL!
Laura Álvarez

domingo, 12 de xullo de 2015

venres, 26 de xuño de 2015

FIN DE CURSO 2014-2015

O curso rematou e despedimos a unha nova xeración de alumn@s que marchan cara o seu futuro no instituto. Agardamos que sexan moi felices.



mércores, 3 de xuño de 2015

LÉREZ NON É TRAPACERO

O 8 de abril o Consello Estatal do Pobo Xitano decicidiu levar a cabo un acto de sensibilización co título de #yonosoytrapacero #yonosoytrapacera, un vídeo onde se reclama a eliminación do dicionario da RAE, a definición de xitano/a como trapacero/a: "que estafa ou obra con engano". Dende o CEIP San Benito de Lérez decidimos sumarnos a esa iniciativa co seguinte vídeo.

luns, 1 de xuño de 2015

CARACOLA RADIO A NOSA EMISORA ESCOLAR

Xa viñamos avisando aí atrás que algo especial se estaba a cocer na nosa escola, pois ben, é o momento de facelo público: neste maio do curso 2014-2015 naceu no CEIP San Benito de Lérez: CARACOLA RADIO, a nosa emisora escolar.

Xa ten o seu propio blog para que podades estar ao tanto de todo o que alí acontece, podedes acceder pola dirección https://caracolaradio.wordpress.com ou ben premendo na imaxe que aparece na dereita deste blog.

Logo das emisións de proba, a inauguración da Caracola Radio por parte do profesorado e algún que outro programa inicial por parte do alumnado do centro, chegou a primeira visita dun persoeiro alleo á escola. Días antes das eleccións municipais visitou a nosa Caracola Radio o Concelleiro de Xuventude e Normalización Lingüística Demetrio Gómez Xunqueira.

Queredes escoitar a entrevista que lle fixeron @s alumn@s de 5º de Educación Primaria? Premede na seguinte imaxe.


mércores, 20 de maio de 2015

PELÍCULAS DE ANIMACIÓN


GoAnimate é unha ferramenta que permite crear pequenos vídeos e historias de animación cun montón de personaxes, accións e fondos diferentes que se poden combinar entre sí.

É unha ferramenta perfecta para que o alumnado invente as súas propias historias. Ademáis permite gravar unha narración, diálogos de personaxes e incluir música. Todo dun xeito moi intuitivo.

Esto fai que sexa unha ferramenta xenial para traballar na aula de Audición e Linguaxe, empregándoa para os procesos de xeneralización dos fonemas. A continuación Fran de 2º de Primaria preséntanos a súa historia: "El Cazador"

MAIO, MES DA LINGUA (ONDA CERO) - A GRANXA DO TÍO MANUEL

O alumnado de 6º de Infantil do CEIP San Benito de Lérez (Pontevedra) canta a canción de "A Granxa do Tío Manuel" para despedir o programa en directo que Onda Cero realiza dende a escola con motivo de campaña do concello: "Maio, mes da lingua".

mércores, 13 de maio de 2015

PONTEVEDRA EN LA ONDA NA ESCOLA

Hoxe tivemos a visita na escola da emisora Onda Cero dentro da programación do mes de maio: MES DA LINGUA. O programa emitiuse en directo dende a Biblioteca. Non vos perdades a emisión na que participou o alumnado de tódalas idades.

Preme na imaxe para poder escoitar a emisión do programa

domingo, 10 de maio de 2015

nAmorAndo: PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA MECHISTA EN EP

Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.



A Concellaría de Igualdade, que dirixe Carmen Fouces, puxo en marcha co inicio do curso escolar o programa Namorando entre os centros de educación Primaria e Secundaria do concello. Este programa ten por propósito ofrecer recursos aos alumnos para manter relacións de parella sas dende a etapa escolar. Están inscritos 420 rapaces de dez centros distintos do municipio.

En Educación Primaria participan os CEIP A Xunqueira I, Vidal Portela, Príncipe Felipe, A Xunqueira II, Álvarez Limeses, Cabanas e San Bieito de Lérez. Están en lista de agarda: Barcelos, Vilaverde, Marcón e A Carballeira.

En Primaria trabállase co proxecto "Erea e Martiño: Unha historia diferente". Está dirixido a rapaces de 4º de Primaria cos que se crearon dez grupos (uns 200 rapaces) cos que se mantivo unha sesión semanal durante as que se traballou a concepción de homes e mulleres, as expresións de emocións, de xogos non sexistas así como cuestións básicas sobre o amor. Previamente realizaron un cuestionario, que se lle volveu a pasar logo das sete sesións, e que amosa uns resultados moi satisfactorios.

VOLVEN OS MAIOS AO COLE!

Da man da ANPA "O Areeiro", volveu o maio ao cole, e mesmo está vez chegou á Ferreiría.
Parabéns a todos os que o fixeron posible!

 

Os maios en:
PontevedraViva

luns, 27 de abril de 2015

PREMIO AUDIOVISUAL OLLOBOI 2015. SOMOS CANDIDAT@S!

XA PODEDES VOTAR, SE QUEREDESES POR "O MILAGRE", ANDA POLO MEDIO DA LISTA (NÚMERO 74) ,
para votar:
 https://goo.gl/bXxSYB

Moitas grazas!


Se o outro día presentavamosvos o noso vídeo de Ponte a Europa, "O Milagre", hoxe temos que falar de que ese mesmo vídeo acaba de ser seleccionado como candidato para poder gañar o premio Olloboi 2015. Un festival audiovisual no que participan centros de primaria e secundaria de toda a Comunidade.

Moita sorte a tod@s e a ver se continúan os milagros!


Preme na imaxe para ver os vídeos candidatos, somos o número 74

martes, 14 de abril de 2015

O MILAGRE

Co gallo da nosa participación este ano no proxecto Ponte a Europa o alumnado de 6º de Primaria decidiu facer un vídeo para falar do San Benito, o santo que da nome ó noso cole e tamén ó mosteiro que se atopa moi preto de aquí.
Para eso fixeron a recreación dun milagre que segundo as propias verbas do Pai Feixoó presenciou en directo alá polo século XVIII. Mirade que artistas están feit@s est@s nen@s.

MILAGRE! 
MILAGRE!

sábado, 11 de abril de 2015

DÁLLE Á LINGUA EN ABRIL



Rosalía, Santo André de Teixido, Castelao, os animais máxicos do Cartafol do Lérez,unha app para facer feliz á xente, a Praia das Catedrais na Mariña, os contos que escribimos, 30 anos no corredor da morte sendo inocente ou lembrar o desastre do Prestige, nas voces dos nosos locutores/as de 5º e nas ondas de Onda Cero Pontevedra, (103,6 FM e 98,6 FM) ou na súa web, do 13 ao 24 de abril cada día ás 11:50h, grazas a Concellería de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra.

mércores, 1 de abril de 2015

OS MELLORES MOMENTOS

O prometido é débeda. Déixovos un vídeo coas tomas falsas dos telexornais. A ver quen aguanta máis dun minuto sen soltar unha gargallada. Asumides o reto?


AQUÍ ESTÁN OS TELEXORNAIS

Durante un longo tempo, os nenos e nenas de Terceiro de Primaria estivemos preparando estes telexornais. A idea xurdiu de xeito espontáneo e converteuse nun pequeno proxecto relacionado co mundo da comunicación.

Non nos podemos esquecer de mencionar ao noso querido profe Javi, digno de loanza pola súa dedicación e sobre todo paciencia. Foi quen puxo todo o necesario durante tres longos días para que os vídeos se visen e se escoitasen cunha calidade profesional. Esperemos que lle guste o resultado. MOITAS GRAZAS JAVI!


Telexornal do venres 27 de marzo.

Telexornal do sábado 28 de marzo.

Todo comezou cando estabamos estudando as partes da noticia dun xornal e da maneira en que se redactan. Logo, cada un de nós tivemos que inventar unha do tema que quixeramos, o queu fixo que apareceran temas do máis variado: accidentes, asasinatos, naves espaciais, competicións deportivas… e foi aquí cando se prendeu a luceciña de facer un telexornal.

Pero, por suposto, isto sería posible se se contaba coa colaboración, o esforzo e o traballo de todos en conxunto, e xa estabamos avisados de que aquel ou aquela que non entregase as cousas a tempo e non se vira implicado no proxecto, non podería participar nel. A todos nos gustou a idea de ser “actores” por un par de días e aceptamos a proposta da mestra.

Entón, puxémonos mans á obra, pero axiña nos decatamos das súas carencias. “Pero profe, un telexornal ten varias partes (seccións): primeiro falan de todo un pouco e despois dos deportes e do tempo!”

Xenial! Para verificar se isto era así, puxemos na clase un telexornal e aprendemos moitas máis cousas: primeiro dinse de carreira todas as noticias que se van tratar (titulares), logo vaise unha por unha, despois veñen os deportes e por último dáse unha predición meteorolóxica. Pois se queriamos facer un verdadeiro telexornal, tiñamos que elaborar todas estas seccións! Así que aproveitamos a ocasión para aprender a interpretar un mapa do tempo empregando unha terminoloxía axeitada. Logo, tivemos que entregar a nosa predición.

Todo foi un ir e vir de noticias de todo tipo. A mestra corrixíanolas e nós deberiamos telas ben preparadas uns días despois e así ata que todo estivera perfecto.
Chega o momento de elaborar os guións, que foi cousa das profes Susi e Rocío. Deberían transformar as noticias escritas no guión dun telexornal, entregárllelas aos rapaces, ensaialas e aprendelas un pouco para que saíra o máis natural posible.

Co proxecto aprendemos tamén algúns termos novos: o “croma” e o “teleprompter ou cue”. Estudamos o seu funcionamento e a súa aplicación porque tamén os iamos utilizar na rodaxe do telexornal.
E sobre todo e máis importante: PASÁMOLO EN GRANDE, próximamente veredes as tomas falsas.

sábado, 28 de marzo de 2015

MANUEL PRESÉNTANOS O SEU TRABALLO

Vai aumentando a listaxe de valentes!
O pasado xoves 26, Manuel, alumno de terceiro de Primaria, atreveuse a presentar ante os seus compañeiros un maravilloso traballo sobre o Pontillón do Castro. Queredes saber que é iso? Facede clic sobre o vídeo para obter toda a información que nos ofrece o noso experto.
Parabéns polo esforzo, fixéchelo moi ben!



venres, 20 de marzo de 2015

VIAXANDO NO TEMPO

Este xoves 19 fixemos unha pequena viaxe no tempo da man da clase de 6º de Primaria e da profe Susi. Agardamos que pronto poidades ver o resultado da nosa viaxe ó século XVII.


Antes de que eso suceda deixámosvos uns documentos históricos de metade do século pasado que falan do noso querido mosteiro.

mércores, 11 de marzo de 2015

HOXE NACEU CARACOLA RADIO

Hoxe naceu "CARACOLA RADIO" a radio do CEIP San Benito de Lérez.

Invitámosvos a tod@s a que descubrades a nosa radio que se pode seguir en directo a través da dirección http://mixlr.com/caracola-radio ou tamén mediante o noso blog no widget que aparece na dereita.

Seguide atent@s a esta canle para coñecer a nosa futura parrilla e programación. Polo de pronto deixámosvos co podcast da primeira emisión feita pola nosa radio. Un momento especial e doce. Premede na seguinte ligazón para escoitala:




martes, 10 de marzo de 2015

ALGO SE ESTÁ COCIÑANDO NO COLE

Algo se está cociñando nun pequeno rincón do noso querido cole. Dentro duns días teredes novas por esta canle, así que seguide moi atent@s que semella que do mar veñen ondas de moitos metros de altura, pode ser que sexa toda unha marexada.



mércores, 4 de marzo de 2015

TEATRO NO SALÓN DO LIBRO

Este martes 3 de marzo os nenos e nenas de Educación Infantil foro a ver a obra de teatro: A guerra dos números. María Lado e Lucía Aldao co SPJ Trío.

https://www.flickr.com/photos/ceiplerez/sets/72157651155221011/

luns, 23 de febreiro de 2015

ROBERTO, UN VALENTE MÁIS

O noso compañeiro Roberto tamén se animou cun traballo que trata sobre as Fragas do Eume. Acompañou a súa exposición con cartolinas nas que escribiu e pegou imaxes relativas ao tema, polo que precisamos da colaboración de Manuel, quen lle axudou a colocalas no encerado.
Moi ben feito! Quen será o seguinte?


venres, 20 de febreiro de 2015

EXPOSICIÓNS ORAIS - VÍCTOR

Perder o medo a falar en público e diante das cámaras é un dos obxectivos que nos propoñemos para este curso, e porén animamos ao alumnado de Terceiro de Primaria a que faga, de xeito voluntario, un traballo da temática que eles mesmos decidan e no formato co que se sintan máis cómodos para expoñelo na aula.
Unha mostra de esforzo, dedicación e interese que de seguro só pode traer consecuencias positivas, xa que para vencer un medo non hai nada mellor que ter valentía e facerlle fronte.

Aquí temos a Víctor co seu excelente traballo sobre a Lúa e as súas fases. Noraboa!  


mércores, 18 de febreiro de 2015

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O venres 13 tamén se festexaba o Día Mundial da Radio e dende a escola quixémos sumarnos a esa iniciativa.

O alumnado de 5º de primaria inventou unha radio feliz, chea de novas felices, Caracola Radio, a Radio Feliz. Na emisora Onda Cero fixéronse eco desta iniciativa e alí, no programa Pontevedra en la Onda, puidéronse escoitar as novas de Noel, Diego, Noé, Yasmina, Ainoa e Andrea.

Senón tiveches ocasión de escoital@s en directo agora podes facelo aquí, a través da nosa recén estreada conta de Soundcloud.

Pulsa no play!

ENTROIDO 2015

O pasado venres 13 de febreiro festexamos o entroido na escola por todo o alto.

A temática dos disfraces deste ano eran a luz e a cor, aproveitando que a ONU, proclamou 2015 como o Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías basadas na Luz.

Preme na imaxe para ver a galería

A pesares de que o tempo non acompañou, as ganas de pasalo ben eran moitas e puidemos desfrutar dos doces típicos do entroido que @s nen@s trouxeron da súa casa. E tamén do baile e da música, gracias ó noso querido mestre de Educación Física, Pablo, que nos fixo bailar ó son de diversas coreografías. Gracias Pablo!

venres, 13 de febreiro de 2015

PASARELA NOS CORREDORES DO COLE

Os nenos e nenas de Terceiro de Primaria organizamos unha superpasarela no cole pola que desfilaron os mellores modelos. Non podíamos deixar de amosar as últimas tendencias en moda de Entroido.


SUPERENTROIDO

Compartir o entroido cos máis pequen@s da casa pode ser desfrutar preparando o noso propio disfrace. Ás veces o mais divertido é o máis sinxelo, tan só temos que poñerlle un pouco de imaxinación, facendo por exemplo unha equipación básica para un superheroe empregando fieltro de cores.
Podemos comezar polo anteface do noso superheroe favorito.



Ademáis engadiremoslle algún complemento máis para as bonecas e as zapatillas deportivas ou incluso o seu propio sistema de propulsión. Tan divertido como sinxelo, e o mellor é que pódeno facer eles/as mesm@s.



En Audición e Linguaxe decidimos aproveitar esta época do ano para, facendo un pequeno antiface de superheroe, aprender cal é o mellor xeito de afrontar unha tarefa deste tipo:
  • Elaborar unha lista dos materiais requeridos. 
  • Facer unhas instruccións básicas cos distintos pasos que debemos dar.
  • Aproveitar para aprender un vocabulario técnico relacionado coa nosa tarefa.
Fixemos os nosos antifaces con cartulinas de cores, que vos parece?


Preme na imaxe para ver o proceso

xoves, 12 de febreiro de 2015

PROFESORADO EN FORMACIÓN - OLGA RODRÍGUEZ

Unha das cousas que implica ser mestre ou mestra é a aprendizaxe continua, é dicir, que si traballamos nunha escola sempre estaremos nun fluxo continuo de ensinar e aprender. Non podería ser doutro xeito.


Esta semana tivemos na nosa biblioteca a presencia de Olga Rodríguez, que veu dende Malpica para mostrarnos o xeito de traballar na súa escola mediante proxectos dixitais integrados. Foi moi interesante!

Nesta ligazón podedes visitar o blog da súa Biblioteca Milladoiro. Gracias Olga!

martes, 10 de febreiro de 2015

XA É INVERNO EN LÉREZ

Aínda que xa pasou un tempo dende que entramos no inverno, semella que non acabábamos de crelo de todo.

A chegada destas mañanciñas nas que os termómetros non pasaban dun grao de temperatura, convertiron nunha realidade climatolóxica o que nos indicaba o calendario.

No corredor das aulas de primeiro e segundo de primaria, o alumnado fíxose eco deste cambio de estación. De novo da man das nosas queridas mestras Pili e Pilar.


As bufandas, as lubas e os puchos convertíronse nos donos absolutos das nosas mochilas ó chegar a clase, e os nosos fociños mudaron de cor. Pero para afrontar este frío con alegría non hai nada mellor que acudir ó noso sabio refraneiro. Mirade que fermosas verbas:

Frío allí arriba.
Frío aquí abajo.
Frío con ganas
de dar un abrazo.


Frío en las manos.
Frío en los pies.
Frío en la cara.
Nariz colorada.


luns, 9 de febreiro de 2015

AUDIOCONTOS - TODOS MENOS UNO de ÉRIC BATTUT

Continuamos cos contos como fonte ilimitada de traballo en tódolos niveis educativos. Neste caso Uxía de 6º de Primaria fai a lectura de este conto como parte dun exercicio de Audición e Linguaxe, no que se traballan algúns dos elementos da voz e da fala: volumen, ton, intensidade, timbre e prosodia.


A historia chámase "Todos menos uno" de Éric Battut e fala sobre un guisante que decidira non ser como os demais :)


xoves, 5 de febreiro de 2015

ENC@NTAD@S - A CASA DA MOSCA CHOSCA

A lectura de contos de nen@s maiores a outr@s máis pequen@s é unha tarefa coa que se poden traballar moitísimas cousas interesantes. Comezando pola estimulación da linguaxe oral, a animación á lectura d@s máis pequen@s, a perda do medo a falar en público, a mellora do autoconcepto, etc.


Zaira da clase de 2º de Primaria é a encargada de inaugurar este ano esta actividade que demos en chamar "Enc@ntad@s". Esta mañá leulle ó noso alumnado de 5º de Infantil o conto "A Casa da Mosca Chosca" de Eva Mejuto e Sergio Mora. @s pequen@s disfrutaron moito da visita de Zaira a quen escoitaron moi atentamente.

En nome da clase de 5º de Infantil: GRACIAS POR VIR A LERNOS ESTE CONTO ZAIRA, agardamos que volvas a visitarnos moi pronto :)

Aquí vos deixamos un video para que vexades como foi esta experiencia tan divertida.

domingo, 1 de febreiro de 2015

CARA A EUROPA COA LINGUA COMO PASAPORTE

http://ponteaeuropa.gal/
Outra viaxe, que sorte!
Da man da Concellería de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra, con Nova Xestión Cultural e Palmira (Mi Madriña), voamos de novo coas palabras.
Os de aquí: os mesmos do ano pasado; os de alá; xente que imos coñecer capitaneados por Isaac Xubín   desde Sheffield, e o resto por media Europa.

Nas palabras de Palmira:
<<Se o ano pasado foi Ponte a Londres http://pontealondres.eu/ este ano é Ponte a Europa. Vós dende Campañó, Lérez e Xeve de Pontevedra. Eu dende Sardiñeiro en Fisterra.

Isaac dende dende Sheffiel, http://gl.wikipedia.org/wiki/Sheffield
Robert dende Birmingham, http://gl.wikipedia.org/wiki/Birmingham
Scott dende Oxford en Inglaterra http://gl.wikipedia.org/wiki/Oxford
Nikesh dende Cork, en Irlanda http://gl.wikipedia.org/wiki/Cork
Lucija e Matea dende Zadar, en Croacia http://gl.wikipedia.org/wiki/Zadar
Suliman dende Berlín, en Alemania http://gl.wikipedia.org/wiki/Berl%C3%ADn
Kasia dende Varsovia, en Polonia http://gl.wikipedia.org/wiki/Varsovia
Ilari dende Helsinki, en Finlandia http://gl.wikipedia.org/wiki/Helsinqui

Claro está o nome de Ponte Europa con esta presentación!
Dende Pontevedra a Europa e dende Europa a Pontevedra, en galego, na lingua que nos une e na lingua que nos fai! Conversaremos sobre as linguas, os lugares e as xentes que os habitan.

Xa o dicíamos o ano pasado na última e emocionante sesión: "Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo".

Ponte a Europa vai ser un blog, feito por xente pequena, rapazas e rapaces dos colexios de lugares pequenos coma Xeve, Lerez e Campañó, que queren "cambiar o mundo"de maneira sinxela, que queren mudar a lingua, falar galego, amosar o seu pequeno mundo, amosar os seus lugariños, as historias e as xentes, a paisaxe, as cousas que conforman o noso sentir.>>

Hemeroteca:
Concello de Pontevedra
Faro de Vigo
PontevedraViva

xoves, 29 de xaneiro de 2015

ONDAS DE PAZ

Un ano máis grazas a Asociación de Radio-Aficionados de Padrón, ASORAPA, puidemos transmitir polo aire os noso desexos de paz e as palabras de Caddy Azduba ou lembrar o 70 aniversario da liberación de Auschwitz que cadrou no día de onte. A sabiduría e a paciencia de Luis EA1NH, Javier EC1CSV e  Miguel A. EC1DJ, fixeron posible sair ao aire como "EA1RCI/PAZ" e establecer moitos contactos. 

Máis adiante tentaremos contactar –coa súa axuda- con algunha escola irmá da REAUNESCO que hai polo mundo.


Aquí tendes un vídeo publicado en streaming por eles no que podedes ver e escoitar as mensaxes que se enviaron dende a biblioteca do centro.



Tamén podedes ver as fotos que fixeron dende a ASORAPA premendo na seguinte imaxe. Moitas grazas amigos!


xoves, 22 de xaneiro de 2015

ALGO ESTÁ PASANDO EN INFANTIL...

Dinosaurios, lobos... se queredes saber qué está acontecendo nas aulas de Infantil do CEIP San Benito de Lérez non deixedes de visitar esta ligazón.


sábado, 17 de xaneiro de 2015

PARA ENTENDERMOS MELLOR O PÁRKINSON

Onte, venres 16 vivimos unha experiencia diferente, "sentimos" como pode ser o párkinson a través de talleres teórico-prácticos que se realizan nos colexios  pola concellaría de Educación de Pontevedra e a Asociación Párkinson Galicia-Bueu. 
Da que pensar o díficil que poden ser as cousas...

martes, 13 de xaneiro de 2015

ENTRE EINSTEIN E O PROFESOR FRINK

Celebrouse o día 12 de xaneiro unha charla a cargo do físico pontevedrés Daniel Domínguez que traballa como investigador no CERN en Xenebra neste centro, sobre os aceleradores de partículas e o bosón de Higgs.

A conferencia permitiu ó alumnado de 5º e 6º de Primaria estudar as partículas e como a través delas melloramos os alimentos, as medicinas e os aparellos tecnolóxicos.

Proba da visita é a noticia que apareceu hoxe día 13 de xaneiro de 2015 no Diario de Pontevedra.

VSITA MUNCYT

Así foi a nosa visita ao MUNCYT en A Coruña.


https://www.flickr.com/photos/ceiplerez/sets/72157650265206332/

sábado, 10 de xaneiro de 2015

ENCONTROS NA BIBLIOTECA CON...

Dende a nosa biblioteca continuamos co programa ‘Encontros na biblioteca con…’. Unha iniciativa coa que os nenos e nenas do colexio manteñen un encontro ou toma de contacto con persoeiros e profesionais de distinta índole. 

Nesta ocasión o convidado é DANIEL DOMÍNGUEZ VÁZQUEZ, físico pontevedrés e investigador no CERN (Xenebra), que achegará os últimos descubrimentos acadados no eido da Física de Partículas.

Luns,12 de xaneiro/10:00 h.

Achégase  artigo publicado polo convidado relativo ao descubrimento do bosón de Higgs: http://www.galiciae.com/nova/182354