domingo, 17 de xuño de 2018

DE ÁRBORES E FAMILIAS


Neste curso andivemos a aprender como se fai unha árbores xenealóxica, así que estivemos recopilando información sobre as nosas respectivas familias.

Para que a cousa fose máis doada empezamos pola familia dos Bolechas, xa son vell@s coñecid@s e así fixémonos unha idea de como ían os parentescos e como tiñan que ser situados nas árbores.



 
 



Cando xa superamos a fase "Bolechas" xa puidemos organizar as árbores das nosas familias e quedáronnos así de xeitosas :)






mércores, 13 de xuño de 2018

DOBLE E METADE

Ainda que o curso vai rematando, nós non paramos nin un minutiño. Non podemos marchar de segundo sen ter ben claro o que é o doble e o que é a metade.



Parece doado pero ao principio facémonos algo de lío, así que cremos que o mellor é, por exemplo, recurrir a métodos visuales, a nosa aliada no día do "doble ou metade" foi a plasti...


Un pouco de amasar, uns churriños e imos aló, todo disposto para os nosos primeiros pasiños no mundo da división ;)




Podedes ver máis fotos neste ÁLBUM

  E unha vez rematado nde entender o asunto coa plastilina parécenos boa idea probar cuns vellos amigos... os dados!





mércores, 30 de maio de 2018

ADEUS TIMBRE, OLA MÚSICA!

Hai xa unhas semanas que estamos desfrutando do noso novo "timbre" escolar. Cando empezamos a mañá, cando cambiamos de clase, cando saimos ao patio ou cando marchamos para a casa xa non soa o estrondoso timbre de sempre, agora temos o pracer de escoitar deliciosas melodías de distintas Bandas Sonoras de cine. Non so as escoitamos senón que temos a posibilidade de aprender nas aulas cousas sobre estas músicas coas que compartimos os nosos minutos ao longo da mañá. A semana pasada foi "What a wonderful world" de Louis Armstrong...



E esta semana a elexida foi a BSO de A vida é bela... que soaba por todos os arredores :)


Además escoitamos a Enya, a BSO do Rey León, etc.



O cambio gústanos e moito porque... que sería da vida sen música!



luns, 28 de maio de 2018

A NOSA HORTA

Durante este curso preparamos un espazo do patio para poder traballar a horta. Así ao longo do ano fomos vendo como medraban as plantas que iamos plantando e estudando as diferentes fases polas que pasan.


Cando imos á horta @s profes explícannos as distintas variedades, como van medrando, cales son as súas características, etc. e así aprendemos en vivo e en directo, que é o mellor xeito de aprender.







 Algunhas medraron máis que outras, aquí tedes algunhas das que plantamos.









 
Entre todas as clases fixemos ao longo dos meses gardas de rego para que nunca lles faltara auga durante as épocas do ano nas que non chovera...










E ademais arrincamos todas as malas herbas que medraban preto delas impedindo que medraran...





 


Ultimamente como xa veñen aparecendo os froitos recollemos algúns, como no caso das leitugas, e sorteámolos entre tod@s @s hortifruticultores/as que pasaron pola horta... Neste caso o afortunado en 2º de EP foi Samuel Riveiro, a quen lle tocou unha destas saborosas leitugas según o número que sacou Laura (que era a encargada ese día).

 

 Como vedes na horta hai moitas cousas ricas e sanas para comer e cociñar.
Esta é a receita da ensalada que fixeron na casa de Samuel...

 
Aquí vos deixamos unha receita para preparar un saboroso plato de cociña coas nosas leitugas recén collidas da horta que nos preparou o profe Javi, que estivo con nós hai uns cursos.


Bo proveito!