venres, 28 de novembro de 2014

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL EN INFANTIL

O P.E.L.O. ou Programa de Estimulación da Linguaxe Oral lévase a cabo polo profesorado de Audición e Linguaxe nas aulas de infantil para incentivar a adquisición das distintas características que conforman a nosa linguaxe e a nosa fala.

Hai moitas actividades para estimular a fala d@s pequen@s, unha moi boa é a música, xa que permite dun xeito lúdico que @s nen@s participen en cancións, recoñecendo a súa propia fala, a d@s compañeir@s e tamén as diferentes cualidades da voz como o timbre, a intensidade, o volumen e a altura ou tono. Ademáis o emprego das onomatopeias sérvennos para mellorar o noso sistema fonolóxico.

Co tema "A granxa do tío Manuel" facemos unha combinación de música e onomatopeias e @s nen@s de 4º de Infantil pásanno en grande. Mirade este vídeo e cantade con nós: "vinde xogar, vinde xogar, na nosa granxa pasarémola guay".

domingo, 23 de novembro de 2014

EXPOSICIÓN DOS SISTEMAS SOLARES

O alumnado de 5º de Primaria fixo unha exposición con todos os seus sistemas solares, dos que sen dúbida o mesmísmo Copérnico se sentiría orgulloso.

https://www.flickr.com/photos/ceiplerez/sets/72157649419237562/
Preme na imaxe para ver a galería cos sistemas solares

martes, 18 de novembro de 2014

DÍA DA CIENCIA

Aproveitando que o día 10 de novembro foi o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, a clase de 3º de Primaria fixo un experimento. Construiu unha máquina simple, un barco a vapor que tan só necesita unha candea para poder surcar os mares.

Con este pequeno vídeo preséntanvos o seu experimento.

Para aprender a facelo inspiráronse neste tutorial de youtube.

xoves, 13 de novembro de 2014

MAGOSTO

O día do San Martiño desfrutamos dun magosto por todo o alto.

Con castañas feitas pola man de Manolo o noso castañeiro maior e con todo tipo de xogos populares, nenos e nenas desfrutaron dun día único a pesares dunhas condicións climatolóxicas un tanto adversas.

Ante o mal tempo boa cara ;)

Preme na imaxe para ver o resto das fotografías

SAMAÍN

En Imaxinópole viaxamos nin máis nin menos que 3.000 anos atrás para atoparnos cunha festividade celta, o SAMAÍN.

Unha tradición que se ven celebrando en Galicia dende anos atrás a noite de defuntos, cando as portas entre este mundo e o alén quedan abertas, permitindo atoparnos cos nosos antepasados. A nosa biblioteca invadiuse de este espírito enchéndose de cabazas talladas que alumeaban a chegada dos defuntos.

Preme na imaxe para ver o resto de cabazas

INAUGURACIÓN DE IMAXINÓPOLE


O 24 de outubro inaugurouse Imaxinópole, a nosa querida biblioteca.



Ademáis de quedar aberta a tempada de empréstitos tamén comezamos un período de dinamización  co noso blogue de biblioteca, onde poderedes contarnos as vosas lecturas favoritas, viaxes, pirangárllos, opinións, escribir os vosos propios textos e descubrir unha auténtica marexada de novidades.

Premede na seguinte ligazón e preparádevos para voar coa imaxinación
http://pirangarllos.wordpress.com

Tamén podes facer unha visita virtual premendo aquí.



NOVA GALERÍA FOTOGRÁFICA

Dende xa no CEIP San Benito de Lérez temos unha nova galería fotográfica, na que se irán poñendo as fotos do que vai acontecendo no noso centro.

Tede boa conta da nova dirección, alí poderedes ver todas as novidades.
https://www.flickr.com/photos/ceiplerez/



BENVID@S


Benvid@s ó noso novo blogue que comeza neste curso 2014-2015.



Neste espacio dixital iremos dando conta das distintas singladuras dos nenos e nenas do CEIP San Benito de Lérez.

Apuntádevos nesta singular viaxe e desfrutade deste camiño polo noso propio sistema solar particular ;)