sábado, 25 de xaneiro de 2020

Videotitorial para montar un escornabot

A robótica chegou ao CEIPP San Benito de Lérez en forma de escornabots. Son divertidos e sinxelos de empregar para os distintos cursos. Sen embargo, os robotiños viñan en caixas e necesitábamos alguén que se animase a montalos.

Aproveitando que estabamos traballando con Romeo e Antonio de 5º os textos instruccionais na aula de Audición e Linguaxe, puxémonos mans á obra facendo as nosas propias instruccións.


 


Aproveitando o traballo decidimos convertir eses textos nun video instruccional deses que vemos por Youtube. Agardamos que vos guste.

Se necsitades montar un escornabot xa sabedes, tan so tedes que seguir os pasos que vos indican estes dous alumnos.


luns, 13 de xaneiro de 2020

Plastiquina estivo en Lérez

Así foi! Como xa sabedes somos un cole da Rede de Escolas UNESCO e Plastiquina é a súa embaixadora. Antes de marchar de vacacións de Nadal veunos visitar e tamén quedou uns días para coñecer ao noso alumnado e ao noso profesorado e comunidade educativa.

Ela veunos falar do importante que é "desplastificar" xa que se encarga do obxectivo número 13 de acción polo clima. Interesoulle moito o proxecto que está facendo o alumnado de 3º de Primaria da man da profe Susi.

E desas e outras cousas falamos na Caracola Radio, mirade, mirade...