martes, 29 de outubro de 2019

VISITA Á BASE AÉREA DO CAMPIÑO

Hoxe o alumnado de 3º foi coñecer máis de preto o labor da brigada do Campiño que loita contra os incendios forestais.
Falamos co persoal, accionamos as mangueiras, entramos no helicóptero e mesmo tivemos a sorte de ver como solta a auga do "bambi". A visita rematou cunha reflexión sobre a importancia de conservar os nosos montes e a prevención dos incendios forestais.
Esperamos que non teñan moito traballo que facer!
Premede na imaxe para acceder á galería completa.


XA CHEGA O SAMAÍN!

E faino da man dos de Infantil que aproveitando a súa estrea na nosa Telelérez visitaron o máis alá. Cunha canción clásica de Fofito, "Los Esqueletos" fan toda unha viaxe por mundos terroríficos convertidos en seres típicos desta época.

mércores, 16 de outubro de 2019

TELELÉREZ ESTÁ CHEGANDO!

Temos grandes noticias que compartir con vós:

Unha nova televisión vai comezar a emitir dende a biblioteca do CEIPP San Benito de Lérez!
Chámase Telelérez!
Polo de pronto aínda non sabemos moito.

Mirade os primeiros anuncios protagonizados por Joel, Preciosa, Tabita e Aitana de 2º de Primaria.



Tal e como vos contan Tabita e Aitana, lembrade subscribirvos á canle de Youtube, podedes facelo premendo aquí youtube.com/c/SanBenitoLerez

sábado, 12 de outubro de 2019

UN CANTEIRO VEU VISITARNOS

O venres 11 de outubro tivemos a sorte de que nos viñera visitar José Manuel Pérez Fontán, canteiro profesional e pai do noso alumno de cuarto Marcel. José Manuel pasou a mañá con nós e explicounos en que consistía o seu traballo e tamén como había que facer para levalo a cabo. Incluso puidemos probar nós mesmos. Aquí tedes un video desta divertida xornada.


Para rematar esta xornada o alumnado de 4º fíxolle unha entrevista do máis interesante que podedes escoitar a continuación. Gracias por todo José Manuel.

xoves, 10 de outubro de 2019

O CAIXÓN FLAMENCO

Na clase de 3º de Primaria, estes días descubrimos que un dos seus alumnos tiña unha habilidade moi especial... tratábase de Kevin, quen dixo que sabía tocar o caixón flamenco e que un día ía traer un para ensinarnos como se tocaba.

Así foi, así que decidimos gravalo en video, pero a sorpresa non remata aí xa que explicounos que o seu mestre no caixón, era outro alumno do cole e cando nos enteramos quen era, pedímoslle que viñera a explicarnos un pouco máis sobre o mundo do caixón flamenco, sabedes quen é?

Mirade o video para enterarvos, ata a mestra da clase e outro mestre acaban tocando. Xa veredes

luns, 7 de outubro de 2019

NOVOS PROGRAMAS DOS DE 4º

Bueno, bueno, semella que os de 4º de primaria siguen moi de preto ao alumnado máis maior do cole e xa presentaron os seus primeiros programas na Caracola Radio e a verdade é que para ser a primeira vez que se gravaban eles e elas sen axuda, fixeron moi pero que moi ben. Escoitade, escoitade, a temática é do máis variada.


CARACOLA RADIO XA ESTÁ EN MARCHA!

Pois si amiguiños e amiguiñas apenas un par de semanas despois de comezar co novo curso, o alumnado de 6º xa se puso as pilas a tope e publicaron os seus primeiros traballos. Neste caso de temática totalmente libre.

Non perdades nin un so destes programas porque hai de todo, dende animais moi interesantes, ata o mundo que nos gustaría ter, pasando por temas tan serios como o cambio climático ou o fin do mundo e incluso a creación dunha canle de Youtube. Escoitade, escoitade que a Caracola Radio xa está emitindo de novo!