mércores, 1 de abril de 2015

AQUÍ ESTÁN OS TELEXORNAIS

Durante un longo tempo, os nenos e nenas de Terceiro de Primaria estivemos preparando estes telexornais. A idea xurdiu de xeito espontáneo e converteuse nun pequeno proxecto relacionado co mundo da comunicación.

Non nos podemos esquecer de mencionar ao noso querido profe Javi, digno de loanza pola súa dedicación e sobre todo paciencia. Foi quen puxo todo o necesario durante tres longos días para que os vídeos se visen e se escoitasen cunha calidade profesional. Esperemos que lle guste o resultado. MOITAS GRAZAS JAVI!


Telexornal do venres 27 de marzo.

Telexornal do sábado 28 de marzo.

Todo comezou cando estabamos estudando as partes da noticia dun xornal e da maneira en que se redactan. Logo, cada un de nós tivemos que inventar unha do tema que quixeramos, o queu fixo que apareceran temas do máis variado: accidentes, asasinatos, naves espaciais, competicións deportivas… e foi aquí cando se prendeu a luceciña de facer un telexornal.

Pero, por suposto, isto sería posible se se contaba coa colaboración, o esforzo e o traballo de todos en conxunto, e xa estabamos avisados de que aquel ou aquela que non entregase as cousas a tempo e non se vira implicado no proxecto, non podería participar nel. A todos nos gustou a idea de ser “actores” por un par de días e aceptamos a proposta da mestra.

Entón, puxémonos mans á obra, pero axiña nos decatamos das súas carencias. “Pero profe, un telexornal ten varias partes (seccións): primeiro falan de todo un pouco e despois dos deportes e do tempo!”

Xenial! Para verificar se isto era así, puxemos na clase un telexornal e aprendemos moitas máis cousas: primeiro dinse de carreira todas as noticias que se van tratar (titulares), logo vaise unha por unha, despois veñen os deportes e por último dáse unha predición meteorolóxica. Pois se queriamos facer un verdadeiro telexornal, tiñamos que elaborar todas estas seccións! Así que aproveitamos a ocasión para aprender a interpretar un mapa do tempo empregando unha terminoloxía axeitada. Logo, tivemos que entregar a nosa predición.

Todo foi un ir e vir de noticias de todo tipo. A mestra corrixíanolas e nós deberiamos telas ben preparadas uns días despois e así ata que todo estivera perfecto.
Chega o momento de elaborar os guións, que foi cousa das profes Susi e Rocío. Deberían transformar as noticias escritas no guión dun telexornal, entregárllelas aos rapaces, ensaialas e aprendelas un pouco para que saíra o máis natural posible.

Co proxecto aprendemos tamén algúns termos novos: o “croma” e o “teleprompter ou cue”. Estudamos o seu funcionamento e a súa aplicación porque tamén os iamos utilizar na rodaxe do telexornal.
E sobre todo e máis importante: PASÁMOLO EN GRANDE, próximamente veredes as tomas falsas.

3 comentarios:

  1. Menudo traballazo!!! Profe Susi e profe Rocío sodes unhas auténticas artistas e que dicir do alumnado de terceiro, que son @s protagonistas de todo esto: os papás e mamás xa poden estar ben orgullos@s porque teñen aí os futuros presentadores/as da TVG.
    Que ben o pasamos gravandoo e aprendendo un montón de cousas novas.
    Profe Susi agardo que che vaia moi ben e que máis cedo que tarde esteas nas aulas porque profes coma ti sempre fan falla. E profe Rocío foi un pracer, vémonos no camiño seguro que nos voltamos a atopar.
    Un abrazo forte e gracias polos agradecementos :)
    Javi

    ResponderEliminar
  2. Nunca vin uns telexornais máis certos e divertidos! Os meus parabénss astronómicoss para todos os alumnos e as profes + profe que o fixéchedes posible.!
    Sodes moi grandes!!

    ResponderEliminar
  3. Así deberían ser os telexornais da TVG. ¡Traballazo! Noraboa a todos e todas.
    Chema

    ResponderEliminar