Un ano máis grazas a Asociación de
Radio-Aficionados de Padrón, ASORAPA, puidemos transmitir polo aire os noso
desexos de paz e as palabras de Caddy
Azduba ou lembrar o 70 aniversario da liberación de Auschwitz
que cadrou no día de onte. A sabiduría e a paciencia de Luis EA1NH, Javier
EC1CSV e Miguel A. EC1DJ, fixeron
posible sair ao aire como
"EA1RCI/PAZ" e establecer moitos contactos.
Máis adiante tentaremos contactar –coa súa
axuda- con algunha escola irmá da REAUNESCO que hai polo mundo.
Tamén podedes ver as fotos que fixeron dende a ASORAPA premendo na seguinte imaxe. Moitas grazas amigos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario