Aquí vos imos ensinar o que facemos nos obradoiros de xadrez para o 1º ciclo de primaria (1º e 2º EP), onde seguimos a descubrir moitas cousas sobre este xogo tan interesante.
Moit@s de nós xa participamos o ano pasado nestes obradoiros e adoitamos xogar cos nos@s país, naís, e sobre todo con avós e avoas que sempre teñen un taboleiro gardado nalgún recuncho da casa.
Primeiro explícannos cales son os movementos que podemos facer coas figuras, e incluso cantamos cancións relacionadas co asunto, xa que así a tod@s nos queda mellor como se move cada figura: "La torre va siempre por el caminito, sube y baja y al costadito..."
Primeiro quentamos motores xogando na pantalla contra o ordenador, que como é moi listo casi sempre nos gaña...
E despois, cando xa entrenamos contra o ordenador, sacamos os nosos taboleiros e...botamos unhas partidas chulísimas! Mirade que profesionais somos :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario