domingo, 19 de marzo de 2017

AS MULLERES TAMÉN SON ASTRONAUTAS

Hai uns días, como cada 8 de marzo, conmemoramos no cole o "Día internacional da muller traballadora". Este ano o alumnado de 1º EP andivemos a traballar coa figura da astronauta rusa Valentina Tereshkova. Valentina foi a primeira muller astronauta que viaxou ao espacio e este ano ven de cumplir 80 anos.


Para poder coñecer mellor a Tereshkova, escoitamos a súa historia a través dunha ficción en audio.



Por medio de Valiente Valentina (que así era como a coñecían) puidemos coñecer como foi a súa vida dende nena, ata se converter en quen foi de maior.





Aprendemos que todas podemos ser o que nos propoñamos, como lle aconteceu a Gaivota, nome que usaban para chamar a Tereshkova, e por iso estivemos a aprender nomes de profesións de mulleres que vemos cada día nas rúas.


Para rematar a clase, nós mesm@s cosntruimos o foguete no que Valiente Valentina viaxou ata chegar ao espacio.





Ningún comentario:

Publicar un comentario