xoves, 21 de xuño de 2018

PONTEVEDRA E O RÍO LÉREZ


Esta tempada andivemos bastante interesados no tema dos ríos (en breve veredes cal foi o motivo) sobre todo porque sabemos que pola nosa cidade pasa un, o río Lérez. Aproveitamos e coñecemos cousas sobre Pontevedra e os seus arredores.
Recollemos toda esta información nun tríptico deses que agora chaman scrapbooks. O proceso foi divertido e aprendemos unha chea de cousas…

 

Empezamos por ver onde nace e onde desemboca o Lérez, e como chega á cidade de Pontevedra e que lugares sauda ao pasar (aos que fomos nomeando no noso libro personalizado).

  






Veredes que o noso río está feito co papel de aluminio que fomos reciclando dos nosos bocatas durante todo o curso... 






Despois pensamos na cantidade de pontes que ten a nosa cidade polos que pasa o Río Lérez e tamén os fomos colocando no noso libriño.






Engadimos as cousas interesantes que podemos visitar que están preto de Pontevedra, como os restos arqueolóxicos de Campo Lameiro, os restos do balneario que hai cando o río e por suposto noso mosteiro!



 Engadimos un mapa de Galicia na portada do traballo para que todo o mundo saiba onde está a nosa bonita cidade.






E como colofón deste proxecto explicamos quen somos e puxemos unha foto de Pontevedra co curso do río que estivemos estudando… e a nós suxetándoa porque sen lugar a dúbidas, como ben diría Tonucci, os nenos e as nenas de Pontevedra somos os seus pilares básicos :)

 



(E o mellor de todo... cando non estamos suxetando a cidade somos marcadores para todos eses fantásticos libros que leremos no verán :P )

Rematamos esta fantástica mañá de fin de curso lemos tod@s xunt@s unha copla que fala de Pontevedra... Pontevedra é Boa Vila...

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario