xoves, 21 de xuño de 2018

O RELOXO


Entres as moitas cousas que aprendemos neste curso na clase de mates chegoulle o turno ao reloxo. Vimos todo tipo de reloxos e aprendemos a manexalos todos: de papel, de cartón, dixitais, de agullas...incluido o da aula que é grandote e que está riba da porta!


Nós que somos de natural cantareir@s pasámolo xenial aprendendo unha canción que nos ensinou a profe Pili sobre o reloxo, a que tamén lle gusta que aprendamos con cancións... aquí vos deixamos a nosa canción en versión bilingüe deste curso. Esperemos que vos guste.






Ningún comentario:

Publicar un comentario