Ás veces facemos, por exemplo, con plastilina de cores ábacos imaxinarios onde representar, mediante boliñas fabricadas coas nosas propias mans, as decenas e as centenas dos números cos que imos traballar.
Iremos poñendo boliñas ata chegar aos números que nos vai indicando a profe...
As cifras podémolas sacar de moitos sitios, por exemplo da caixa de cifras de madeira que usa a profe para nos ensinar os números.
Os dados tamén nos gustan para traballar coas cifras, tanto para representalas como para sumar e restar...
Cando imos aprendendo as cifras, como vos diciamos, sumamos e restamos con elas. E para esta operación tiramos dunha grande cantidade de recursos, para que non sexa aburrido e aprendamos varios métodos que nos axuden a razoar...
O ábaco énos de gran utilidade nesta aprendizaxe e por iso o usamos tan a cotío...
Imos colocando argolas nos pauiños ata que chegamos ao número que queremos...e despois xa podemos facer sumas e restas sen problema.
Un pouco de observación e xa estamos list@s para sairmos a aprender á pizarra...
As regletas Cuisenaire son tamén interesantes para traballar os números porque asociamos oas cores coas cifras e así imos entendendo as equivalencias cando facemos operacións matemáticas...
Despois de ter seleccionadas as cifras, toca facer as contas...
Pero non vos pensedes que so aprendemos cifras e operacións, ao longo do trimestre tamén aprendemos outros conceptos matemáticos, como maior ou menor... para isto fixemos un xogo moi divertido:
Escribimos nuns papeis que nos deu a profe Pili dúas cifras:
Despois, tivemos que decidir cal era a meirande das dúas
Neste caso e tamén coa axuda do ábaco e dos debuxos de conxuntos... a cousa resultounos doada:
En fin, que como vedes non nos aburrimos nadiña...
Para nos despedir neste post deixámosvos un pequeno vídeo no que veredes de que xeito tan divertido lembramos a aprendizaxe de todos os números :)
E non deixedes de contar nunca :P
Ningún comentario:
Publicar un comentario