Nesta ocasión argallamos unha actividade moi interesante para que traballaran de xeito conxunto o alumnado de 1º de Educación Primaria co de 5º, de xeito que @s pequen@s interactuaran cos/as grandes: os peques elexirían títulos para contos que os maiores lles escribirían, unha especie de contos á carta.
Nunha primeira fase da actividade, o alumando de 1ºEP encargouse de facer títulos de posibles contos que estaban por escribir, e que se parecían moito ós daquel libro tan interesante que estiveron a ler: El oso que leía niños.
Para inventar estes títulos fixeron un xogo moi divertido co que ampliaron o seu léxico e a súa imaxinación. A profe Pili deulles tres caixas nas que había animais, verbos e cousas respectivamente.
Cada nen@ escolleu o animal que máis lle gustou, a acción que quería que fixese e a cousa á que se refería esa acción.
Así os resultados foron moi variados e varipintos, e deron uns títulos moi divertidos.
Unha vez escritos os títulos fixeron incluso as ilustración que representarían a ese contos que querían pedirlle aos seus/súas compañeir@s de 5º.
"El conejo que viajaba a los castillos"
"El búho que miraba casas"
"El hipopótamo que odiaba las tormentas"
"El gallo que regalaba radios"
"El ciervo que curaba árboles"
Tod@s opinaron sobre se lles gustara o conto, se os personaxes eran como esperaban, pediron cambios, fixeron suxerencias e pasárono estupendamente con esas lecturas de contos á carta.
Xa está no forno a edición dun pequeno libro que recolle todas estas obras creadas en conxunto nesta experiencia marabillosa. En breve colgarémolo aquí, no blog do cole.
Bo traballo rapaces/as!
Ningún comentario:
Publicar un comentario