Hai xa unhas semanas que estamos desfrutando do noso novo "timbre" escolar. Cando empezamos a mañá, cando cambiamos de clase, cando saimos ao patio ou cando marchamos para a casa xa non soa o estrondoso timbre de sempre, agora temos o pracer de escoitar deliciosas melodías de distintas Bandas Sonoras de cine. Non so as escoitamos senón que temos a posibilidade de aprender nas aulas cousas sobre estas músicas coas que compartimos os nosos minutos ao longo da mañá. A semana pasada foi
"What a wonderful world" de Louis Armstrong...
E esta semana a elexida foi a BSO de
A vida é bela... que soaba por todos os arredores :)
Además escoitamos a Enya, a BSO do Rey León, etc.
O cambio gústanos e moito porque... que sería da vida sen música!
Ningún comentario:
Publicar un comentario