mércores, 25 de abril de 2018

COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS


Nesta excursión fomos ao Parlamento de Galicia e á Xunta de Galicia.
No Parlamento primeiro vimos un vídeo que explicaba as súas funcións, e logo fíxonos unhas preguntas. Logo fomos á biblioteca. Era enorme, e albergaba máis de 56000 libros. 56000! Era unha barbaridade. Despois vimos un debate en directo. A continuación sentámonos nas cadeiras dos deputados e dous representantes de 6º e outros dous de 5º demos un discurso.
Finalmente, cando fomos á Xunta de Galicia visitamos a planta baixa e os despachos onde se debaten que proxectos levar a cabo, os seus presupostos… Nunha desas salas vimos un vídeo moi divertido el logo falamos dos asuntos dos que se ocupaba cada ministro coa guía. Tamén nos contou que a Xunta contaba con aproximadamente 100.000.000.000 de euros para realizar todas as obras/pagar pensións/servizos. Así que o pasamos ben e pódese dicir que... coñecer as túas institucións é máis divertido do que parece!!!

Víctor Chan 6EP
As  fotos

Ningún comentario:

Publicar un comentario