Durante sete xoves de octubro e novembro participamos nunha actividade que se chama: NamorAndo
Traballamos en grupos sobre as emocións: tristeza, raiba, medo...
Gustounos moito e todas as semanas esperabamos con ganas que chegara o xoves para estar con Jone, a psicóloga e Quiquirico, que é o pequeno dinosaurio que aparecía de cando en vez para que calaramos.
Ao final, votamos para elixir a unha nena e a un neno para que foran a pintar un mural. Todos podedes ir a velo, está no muro do patio cuberto do colexio Vidal Portela.
Os organizadores fixeron un video dese día e das emocións.
Tamén podedes velo!!!
Somos os e as de 4* de E. primaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario