luns, 7 de marzo de 2016

REFLEXIONAMOS SOBRE O DÍA DA MULLER

A LOITA

O alumnado de 1º de primaria está na cola para saír da aula e voltar á casa. María é miúda pero chegou a primeira, feliz e fachendosa polo éxito, agarda a que toque o timbre e ser por fin hoxe a que encabece á fila.

Hoxe sairá a primeira. Acadou o seu posto soiña. É seu.

Pasan os segundo e á cola chegan máis nenos e nenas. Dous deles póñense detrás de María, empezan a xogar, pero a cousa tórcese e as brincadeiras pasan a empurróns, e María, que ata entón se mantivera firme e leda, empeza a se asustar... “ao final daránme a min”, pensa, “e quererán quitarme o posto”, “e xa non poderei ser a primeira”...

A pelexa segue e chegan os forcexeos, e máis tarde os golpes... os nenos son altos, fortes e brutos... e María, aínda que foi a primeira, segue a ser miúda... Os golpes aparecen finalmente tamén para ela, na trifulca alguén a desplaza, alguén a manca... e veñen as bágoas... así que agarra a súa mochiliña de rodas, e saloucando chea de mocos, deixa o primeiro posto da cola moi disgustada, polos golpes do corpo, si, pero tamén polos da alma.

María xa non é a primeira, aínda que o posto sempre foi seu, porque o conseguiu por méritos propios.

A escola é sen dúbida un trasunto da sociedade que está “aí fora”... por iso cómpre empezar por ela... por todas as Marías que chegaron e chegarán primeiro á cola...

Loitaredes por nós?  Loitaredes con nós?


Mestra en Prácticas
No Día da Muller do 2016



Debate realizado (con moito xeito  e moi bo tino) polo alumnado de 6º de Educación Primaria con motivo da celebración do Día da Muller


1 comentario:

  1. Miña opinión é que, non só nós temos que paralo tamén necesitamos a vosa axuda.

    ResponderEliminar